Volven os mestres: Castelao e Seoane.

Dúas mostras, A derradeira lección do mestre no Museo Provincial de Lugo e A configuración do posible na Fundación Luis Seoane d’A Corunha, devólvennos as leccións dos mestres da Cultura Galega nun momento moi necesario…

Castelao por Pacheco.

A primeira, adicada a Castelao, céntrase nunha etapa concreta deste gran escritor, pintor e mestre do nacionalismo; a que vai dende 1936 a 1950. Prodúcese por mor do 60 aniversario da súa morte… Poderase ollar ata o 10 de xullo. Visita obrigada pra rememorar a unha das figuras máis importantes da historia deste país.

Seoane por Anatole B. Saderman.

A segunda conmemora os 100 anos do nacemento doutro estandarte da cultura nacional, ademais de pintor, ilustrador, escritor e editor: Luis Seoane. Ese é motivo que leva a Fundación co seu mesmo nome a facerlle unha homenaxe, revisando en profundidade a colección do artista, sen esquecer ningunha das actividades ás que lle adicou a súa vida… Outra mostra obrigada pra gabar a súa xenialidade e o seu compromiso coa cultura e co país.

Nunca debemos esquecer a incontable valía do que temos, da nosa Cultura, nin aos que loitaron por ela, e aos que agora suplimos…

Advertisement

Visitas obrigadas 3.0

Pano de fondo. Achegamento á fotografía de estudio de 1880 a 1960, é o título da exposición que nos achega aos retratos da xente dese período, a través da cámara de fotógrafos coma Ksado, Pacheco, Pintos, Ramón Caamaño ou Pedro Rey. Nela cruzaremos a mirada cos galegos do século pasado e poderemos ver a evolución deste xénero, o retrato de estudio, mediante os  diferentes panos de fondo por exemplo (empregados pra idealizar a escena, e nos que se pode apreciar o nivel económico do fotógrafo e dos retratados). Unha ollada directa á Galiza vestida coas súas mellores roupas.

A exposición está comisariada polos fotógrafos e estudosos deste xénero Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal (directores do Centro de Estudos Fotográficos). Estará no Centro Cultural Caixanova de Vigo ata o 24 de Maio (despois irá ao de Ourense, Santiago, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra).

Animación galega

Tres propostas moi diferentes de como facer animación, e que contar, pero con algo en común: están feitas na Galiza.

A primeira é a curtametraxe cómica O Raio Transparente, de Francisco Lapeña; onde dende un punto de vista fantástico, empregando personaxes e iconas da cultura popular galaica (coma dous clásicos do santoral: os San Benitinhos de Lérez e o de Paredes, que se enlean nunha pelexa ancestral pola supremacía milagreira, é o feito argumental da curta), os protagonistas (un mexillón e unha landra), representan a cultura da costa e do interior da Galiza.

As voces resultaranvos familiares. Son as de Miguel de Lira e Víctor Mosqueira. Ademais do esqueleto… Pasou polo Festival de Cans e o de Ourense, entre outros.

A segunda é O Pintor de Ceos. Curta incrible dun debutante: Jorge Morais (Vigo, 1981), da que se encargou por completo (director, produtor, guionista, animador, editor, técnico de son…), o que lle da máis mérito se cadra. Está catalogada no xénero de terror, pero en realidade é un drama fantástico feito dunha maneira exquisita, na que sobresae a ambientación, inspirada na paisaxe costeira galega. Cóntanos a triste historia dun marinheiro que perde a súa familia nunha tempestade, e pra resarcilo emprega a pintura, tentando remediar as incesantes tormentas…

Recibiu moitos premios, coma o Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación. Deixo só unha parte, xa que a orixinal dura case 25’…

A derradeira polo momento, é Leo do impresionante Fernando Cortizo e a súa produtora Artefacto Producións. Esta curta forma parte dunha serie de misterio de 13 episodios titulada Sombras na noite. Ten a mesma estética e técnica (Claymation ou Plastimación coa colaboración de varios actores galegos, que prestan as súas caras e maila voz, pra darlle vida ós personaxes de plastilina, ademais do emprego de decorados), que axinha veremos n’O Apóstolo (filme coa mesma autoría).

Neste caso Cortizo, cóntanos a historia de Víctor, un ventrílocuo no termo da súa carreira, obsesionado co fracaso, o esquecemento e o seu boneco. No Youtube está en castelán, se queredes ver a versión orixinal en galego e en mellor calidade aquí.

Día Mundial do Teatro

Vari Caramés, Serie Escenarios.

O pasado sábado 27 de Marzo foi o Día Mundial do Teatro. Pasou o día, pero non o motivo da celebración; xa que o teatro está vivo, e é necesario pra vida humana tódolos días…

Esta conmemoración foi creada en 1961, polo Instituto Internacional do Teatro (ITT), con sede en Viena. A data do 27 de Marzo débese ao día no que se inaugurou o Festival Teatro das Nacións en París, que reúne a representantes de todos os países do mundo.

Por mor disto, o 25 de Marzo publicouse o Manifesto Galego do día do Teatro, feito pola escritora María Xosé Queizán; e deulle lectura pública na Gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares.

Reproduzo o texto:

Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine…Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector produtivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflito, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflitos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espacio de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.

A Muller na Arte Galega II

María Antonia Dans, Paisaxe, 1980.

  • María Antonia Dans Boado, (María Antonia Dans): Oza dos Ríos, Corunha 1922 – Madrid 1988. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Corunha, e no Círculo de Belas Artes e a Escola de San Fernando de Madrid, onde se trasladou tralo seu casamento, a principios dos cincuenta, e residiu o resto da súa vida. Pero a verdadeira formación e influenza na súa obra, recibiuna na Galiza rural da súa xuventude: eses lugares, cores e experiencias, marcarán a súa traxectoria artística. Así, a súa temática vincularase a Galiza, a súa paisaxe e os seus paisanos. Nunha pintura figurativa e paisaxística (sentiuse próxima a Benjamín Palencia), cun estilo deliberadamente inxenuo, elemental e colorista (con ecos fauvistas), que algúns achegan ao naif. Pero en realidade, é un neoexpresionismo intimista e sinxelo dun mundo, que nos achega a unha infancia feliz… Obtivo unha longa lista de exposicións, bolsas e premios. E a súa obra está en Madrid e en tódolos museos de Galiza.

María Victoria de la Fuente, La nevada, 1972.

  • María Victoria de la Fuente Alonso, (María Victoria de la Fuente): Vigo, 1927 – Madrid, 2009. Dunha familia de arquitectos, formouse en Madrid, onde a partires de 1945 pasa tempadas, asiste ó estudio do pintor Julio Moisés e é alumna libre da Academia de San Fernando. Viaxa a París, ós Países Baixos e a Italia, onde conhece as obras dos grandes mestres da pintura. Obtivo diversos premios, coma o da crítica en 1962, pola súa exposición individual no Ateneo; ou a terceira e segunda medallas Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967, respectivamente, entre outros. En 1964 casou co pintor Máximo de Pablo, e vai vivir ao Levante. A súa obra caracterízase por uns ambientes exquisitos, misturando a atmosfera e os obxectos, con cores dourados ocres e carmíns atenuados, onde sen pode apreciar un debuxo magnífico e unha gran técnica. Cun estilo expresionista e unha gran execución, a súa obra fai dela unha das grandes figuras da pintura espanhola contemporánea. Está representada en Madrid, Galiza e noutros moitos  museos de Espanha, Europa e América.

Mercedes Ruibal, A bebedora de asente, 1973.

  • Mercedes Ruibal Argibay, (Mercedes Ruibal): Santo Andrés de Xeve, 1928 – Vigo, 2003. Dunha familia de artistas (filla de pintora, irmá do dramaturgo José Ruibal e esposa do pintor e arquitecto Agustín Pérez Bellas), emigrou a Bos Aires cuns vinte anos, onde comezou a pintar baixo a guía de Laxeiro (artista que marcará a súa obra futura). No ano 57 retorna a Vigo, e tamén vai a Madrid, onde se encontra con outros artistas e intelectuais, coma Rafael Alberti, que lle adicou un poema. A súa pintura achégase primeiro a Laxeiro e despois a Rouault, pasou dun primitivismo naif, a un expresionismo feroz, con formas dun románico popular, con tendencias denunciadoras. Onde predominan o vermello, o azul e o negro. Realizou exposicións en numerosas cidades de España, Italia e Sudamérica. E é autora dunha novela que ten por título Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al fondo. A súa pintura atópase en Madrid, Nicaragua e Chile, ademais de en tódolos museos de Galicia.

Elena Gago, El piano, 1990.

  • María Elena Fernández Gago, (Elena Gago): A Corunha, 1940? A súa data de nacemento non se conhece. Inicialmente formouse na súa cidade natal; máis tarde foi a Madrid á Escola de Belas Artes de San Fernando e ó Círculo de Belas Artes. A partires dun realismo minucioso e perfeccionista, crea un mundo onírico baleiro e silandeiro, construído xeometricamente, con cores suaves e luces febles; cos que consegue humanizar os obxectos. Tamén publicou pequenos ensaios sobre temas de arte e pronunciou conferencias. Expuxo en numerosas cidades, tamén estranxeiras, coma Munich e Bruxelas. Está representada en museos de Galicia e en importantes coleccións do estranxeiro.

Feijóo, un discurso memorable e… O viño?

O presidente da X(J)unta, cada vez deixa máis claro (el só), a súa verdadeira categoría; á altura do seu admirado mestre: José María Aznar.

Nesta ocasión,  probablemente baixo o influxo destas verbas máxicas que San Aznar pronunciou nunha oda ao viño: “¿Quién te ha dicho a ti, las copas de vino que yo tengo o no tengo que beber?”… O acólito Feijóo, déixanos abraiados, cun discurso non menos importante, nunha cea solidaria a prol das vítimas do terremoto de Haití en Boqueixón (non nun acto organizado polas xuventudes populares. Alí había organizacións e colectivos sen relación co PP)… Agora entendo os comentarios que aderezan o discurso…

Tamén o deixo transcrito (vía Galicia Confidencial).

“Boas noites a todos e a verdade é que me sinto moi orgulloso (entre o público: “cala a boca, home”) de ver o futuro de Galicia (risos no público: “cagho en dios”). E o futuro de Galicia está aquí (alguén do público: “vas bo, vas bo”)…. Se vos calades sigo falando…Gracias (Público: “que chulería”) Me dice María Meira que vos caledes un pouco que estou falando eu… Moitas gracias. De verdade que agradezo moito que vos sintades orgullosos de participar na defensa dos intereses xerais de Galicia. De ser dunha forma de pensar, de ser duns principios e duns valores que combatir. Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG non serían nin peores nin mellores. Serían distintos. (entre o público: “bueno·). Se foran do PSOE, case todos eles estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio (entre o público: non se ve moito pero é ghuapo”). Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén….(Público: “non, apenas!”). Y por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana. Bueno, voy a ser breve porque he quedado con María Meira a partir de la una a tomar una copa…Yo voy a intentarlo. De momento me dijo que no pero lo voy intentar. (entre o público: “un sinverghuenza, é un pallaso. Había que rebentarlle a cara por dicir….). Me siento muy orgulloso de estar entre milintantes, de decir que soy del PP, que creo en la libertad y que la gente que está aquí es gente con la que me identifico, que no es dogmática, que está dispuesta a aprender todos los días y que cree en la reforma constante de la sociedad. Y después de dar todo el discurso, sé que lo que estais pensando es tomar el postre y marcharos al pabellón de ahí que va a haber música (un do público: “fala inglés, oh!”). Por lo tanto, me comprometo, si Adolfo y todo la gente que lo ayuda, el director general de Juventud, todos los concejales de Boqueixón que nos acompañan y del resto de los ayuntamientos de la zona, si organizan una fiesta de verdad, si no me mienten y me dicen que va ser una fiesta hasta las 6 de la mañana, yo me comprometo a ir a esa fiesta. Al día siguiente no puede haber ninguna agenda política. No tengo que ir a Bayona o a Orense y, al día siguiente, lo que me comprometo es a saludaros en la hora del desayuno. Y de aquí hasta que se organice la fiesta yo voy a seguir hablando con María Mera a ver si tengo alguna posibilidad. Muchas gracias.”

    :-O Así me quedei…

    Sácanse varias conclusións:

    1. As argucias sexuais do presidente (eses comentarios á tal María Mera, deberían ser estudados por algún zoólogo xa), evidencian as súas necesidades e o por qué delas… Así non obterás nada Feijóo (e moito mellor, non queremos que a especie Feijóo medre…)
    2. Feijóo “facíalle as beiras” a unha actriz galega chamada María Mera, nada en 1986… Coitada onde se foi meter…
    3. Esa insólita retranca… Ese “como somos del PP podemos hablar castellano cuando nos da la gana”, nin o gran Gila o superaría… Deixa claro que o viño do Boqueixón e moi bo!
    4. Como lles gusta deturpar o idioma aos galegófobos. Esas insufribles verbas ignorantes Orense e BaYona, feren a sensibilidade de calquera lido/a…
    5. A verdadeira conclusión é moi triste… Estas demostracións da infinita estupidez humana, deixan aínda máis claro o goberno de pailáns que temos. Estes pailáns son os que queren levarnos  á incultura e a marxinación e desaparición do que é noso: a fala e a Cultura que nos fixo ser nós… E aínda crerán que imos calar!

    Manolo Paz nun Mar de Pedra

    Un Mar de Pedra é o documental que se proxectou no Play Doc, e que ten coma protagonista ao artista galego Manolo Paz.

    Unha ollada á intimidade do proceso creativo do escultor: dende que vai á canteira a pola súa prezada materia prima, ata que expón as obras, no ano 2007, na Galería SCQ (onde tiven o inmenso pracer de formar parte… Ollando, coidando e gozando das obras de Manolo Paz, entre moitos outros).

    Deixo uns teaser do documental, que nos achegan a un artista único.

    …………

    Un Mar de Pedra es el documental que se proyectó en el Play Doc, y que tiene como protagonista al artista gallego Manolo Paz.

    Una mirada a la intimidad del proceso creativo del escultor: desde que va a la cantera a por su preciada materia prima, hasta que expone las obras, en el año 2007, en la Galería SCQ (donde tuve el inmenso placer de formar parte… Mirando, cuidando y disfrutando de las obras de Manolo Paz, entre muchos otros).

    Dejo unos teaser del documental, que nos acercan a un artista único.

    NON ao feche de webs!

    Hoxe é o día S(inde)… S de Sen Sentenza, Sen Siso, Sen Cultura, Senvergoña… Sen Dereitos???

    Comeza o Play Doc en Tui

    Hoxe ás 20 horas, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comeza a VI edición do festival internacional de documentais galego: Play Doc.

    Dunha maneira modesta pero moi ben elaborada, os organizadores seguen co seu compromiso ca calidade e cos documentais de autor. E así, nesta edición traen a Jay Rosenblatt e a Raymond Depardon, dúas referencias internacionais nesta materia.

    Mais, este festival cada vez máis grande (exhibirán 31 filmes), e importante (mesmo a organización da Berlinale púxose en contacto cos directores do certame pra colaborar entre eles); tamén se fixa no carácter multidisciplinar do xénero, e a súa relación coas outras artes. Deste xeito, o programa complétase cos concertos de Batida e The Spinto Band. Ademais das exposicións do pintor Antón Lamazares e o escultor Manolo Paz…

    Unha auténtica gozada de programación! A darlle ao Play!

    Pra máis información a súa páxina e a do Facebook.

    …………

    Hoy a las 20 horas, en el Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comienza la VI edición del festival internacional de documentales gallego: Play Doc.

    De una manera modesta pero muy bien elaborada, los organizadores siguen con su compromiso con la calidad y con los documentales de autor. Y así, en esta edición traen a Jay Rosenblatt y a Raymond Depardon, dos referencias internacionales en esta materia.

    Pero, este festival cada vez más grande (exhibirán 31 películas), e importante (incluso la organización de la Berlinale se puso en contacto con los directores del certamen para colaborar entre ellos); también se fija en el carácter multidisciplinar del género, y su relación con otras artes. De esta manera, el programa se completa con los conciertos de Batida y The Spinto Band. Además de las exposiciones del pintor Antón Lamazares y el escultor Manolo Paz…

    Una auténtica gozada de programación! A darle al Play!

    Para más información su página y la del Facebook.