Arquivos mensuais: Febreiro 2010

Visitas obrigadas 2.0

Onte inaugurouse no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), a mostra adicada a Candida Höfer, chamada Projects: Done. Trátase dunha montaxe realizada en colaboración co arquitecto Kuehn Malvezzi… Unha delicia pra os amantes da fotografía, a arquitectura… E a Arte en xeral.

A exposición presenta obras súas feitas dende 1968 a 2008, ordenadas por secuencias. Catro décadas de traballo, nas que a presencia das persoas vai desaparecendo, ata darlle todo o protagonismo á arquitectura. Höfer trasládanos a maxestosos espazos baleiros, que enchemos ca nosa ollada, e ata parece que podemos oír o rumor dos noso pasos neles…

Aconsélloa totalmente. Pódese ver ata o 23 de maio.

…………

Ayer se inauguró en el MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), la exposición dedicada a Candida Höfer, llamada Projects: Done. Se trata de un montaje realizado en colaboración con el arquitecto Kuehn Malvezzi… Una delicia para los amantes de la fotografía, la arquitectura… Y el Arte en general.

La exposición presenta obras suyas hechas desde 1968 a 2008, ordenadas por secuencias. Cuatro décadas de trabajo, en las que la presencia de las personas va desapareciendo, hasta darle todo el protagonismo a la arquitectura. Höfer nos traslada a majestuosos espacios vacíos, que llenamos con nuestra mirada, y hasta parece que podemos oír el rumor de nuestros pasos en ellos…

La aconsejo totalmente. Se puede ver hasta el 23 de mayo.


Advertisement

Cartel oficial do Sónar Galicia!

Cartel non… Cartelón! Estou que subo polas paredes…

Para descoidados aquí máis información do Sónar Galicia. Entradas xa á venda aquí! (prezos especiais que por algo é Xacobeo)… E xa con todos vós, a marabilla da programación:

Xoves 17 de xuño

LCD Soundsystem
Uffie
John Talabot
David M
Grobas

Venres 18 de xuño

Laurent Garnier
Matthew Herbert’s One Club
Broadcast
Fuck Buttons
The Slew featuring Kid Koala
DJ Ino
Fat Fish

Sábado 19 de xuño

Air
Hot Chip
Flying Lotus
2manydjs
Booka Shade
Carte Blanche (Dj Mehdi & Riton)
Delorean
6pm
Fluzo
Octa Push
BFlecha vs. Mwëslee
Viktor Flores
Cora Novoa

Todos estes nomes pódense definir coma un multiorgasmo musical… Xa sabedes onde vou estar nesa fin de semana!

Mostra de teatro: Teatrofilia

Os amantes do teatro estamos de en hora boa, xa que a partires do vindeiro 5 de Marzo, Vedra será a capital das artes escénicas, porque comeza a sétima edición de Teatrofilia.

Esta Mostra de Teatro está organizada pola Asociación Cultural Papaventos (traballando pola Cultura dende 1988), e traerán case vinte agrupacións de teatro, na súa maioría afeccionado, chegadas dende toda Galiza e mesmo Portugal; e actuarán tódolos venres, sábados e domingos do mes de marzo, na Casa da Terceira Idade.

Arrincará con A cantante calva de Andaravía Teatro, e canda eles estarán por exemplo: Quemaisten Teatro, o grupo da USC, Teatro Escoitade, Tangatutanga Teatro ou os portugueses Coelima. Ademais, o 27 de Marzo (Día Mundial do Teatro), celebrarase unha Gran Festa Teatreira, tralo pasarrúas da companhía Andaravía.

É unha oportunidade marabillosa de gozar do teatro, e a un prezo pra tódolos petos (as entradas para cada unha das funcións custan 2 euros e o bono para toda a mostra só 5 euros), que non debemos perder.

Deixo a descrición completa do cartel:

  • Andaravía Teatro, A cantante calva. 5 de marzo ás 21.15 horas. Na xornada seguinte, á mesma hora, Teatro Coelima (Portugal), representará Falar verdade a mentir. O domingo, Teatro do Morcego, coa obra Saltimbanquis, ás 19.15 horas.
  • Na seguinte fin de semana, pasarán polo escenario: Quemaisten Teatro, Teatro Escoitade e Tangatunga Teatro. O venres 19 será a quenda das agrupacións locais, con Teatro do Menos Un e con Tira e Afloxa Teatro. Esa fin de semana tamén estará a agrupación Carrachanacha. Pecharán o ciclo, o grupo da USC e Tarumba Teatro.

Se queredes saber máis, tamén están no Facebook.

…………

Los amantes del teatro estamos de enhorabuena, ya que a partir del próximo 5 de Marzo, Vedra será la capital de las artes escénicas, porque comienza la séptima edición de Teatrofilia.

Esta Mostra de Teatro está organizada por la Asociación Cultural Papaventos (trabajando por la Cultura desde 1988), y traerán casi veinte agrupaciones de teatro, en su mayoría aficionado, llegadas desde toda Galicia e incluso Portugal; actuarán todos los viernes, sábados y domingos del mes de marzo, en la Casa da Terceira Idade.

Arrancará con A cantante calva de Andaravía Teatro, y junto a ellos estarán por ejemplo: Quemaisten Teatro, el grupo de la USC, Teatro Escoitade, Tangatutanga Teatro o los portugueses Coelima. Además, el 27 de marzo (Día Mundial del Teatro), se celebrará una Gran Festa Teatreira, tras el pasacalles de la compañía Andaravía.

Es una oportunidad maravillosa de disfrutar del teatro, y a un precio para todos los bolsillos (las entradas para cada una de las funciones cuestan 2 euros y el bono para toda la muestra sólo 5 euros), que no debemos perder.

Dejo la descripción completa del cartel:

  • Andaravía Teatro, A cantante calva. 5 de marzo a las 21.15 horas. En la jornada siguiente, a la misma hora, Teatro Coelima (Portugal), representarán Falar verdade a mentir. El domingo, Teatro do Morcego, con la obra Saltimbanquis, a las 19.15 horas.
  • En el siguiente fin de semana, pasarán por el escenario: Quemaisten Teatro, Teatro Escoitade y Tangatunga Teatro. El viernes 19 será el turno de las agrupaciones locales, con Teatro do Menos Un y con Tira e Afloxa Teatro. Ese fin de semana también estará la agrupación Carrachanacha. Cerrará el ciclo, el grupo de la USC y Tarumba Teatro.

Si queréis saber más, también están en el Facebook.

Orgullos@s!

Orgullos@s de ser galeg@s, de falar galego, de escribilo, de vivir na Galiza, da saudade na diáspora, do tempo, da pedra, da Arte, da terra, do mar, das verbas pasadas e das que están por vir, da gheada, do seseo, das maos e das mans, do lusismo e da RAG, da xente, dos manxares e das foliadas, dos paraísos e das costumes…

Este sentir aféctanos a tod@s, da igual coma o expresemos ou onde esteamos. Se preto de Portugal ou de Fisterra, do Eo ou do Bierzo, ou lonxe da terra… A Cultura, a fala, o noso Patrimonio; non é unha obriga, nin un problema, é un agasallo, unha sorte e un orgullo!

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego é a nova campanha da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística). A CGENDL naceu no 2009 e está formada por profesionais do ensino, co fin de protexer e garantir o uso do galego.

A campanha é moi boa, atinada no tempo; por suposto, na mensaxe, e no medio. Empregar a persoeiros tan actuais coma Martín Rivas ou María Castro, pero sobre todo, Luis Tosar; pra transmitir a idea (tan obvia pra nós, pero que lles custa sobremaneira entendela a outros), de que o idioma non é unha traba, é unha sorte; é un xeito acertado de que entre ben pola retina e se estableza nos miolos…

…………

Orgullos@s de ser galleg@s, de hablar galego, de escribirlo, de vivir en Galicia, de la morriña en la diáspora, del tempo, de la piedra, del Arte, de la tierra, del mar, de las palabras pasadas y de las que están por venir, de la gheada, del seseo, de las maos y de las mans, del lusismo y de la RAG, de la gente, de los manjares y de las fiestas, de los paraísos y de las costumbres…

Este sentir nos afecta a tod@s, da igual como lo expresemos o donde estemos. Si cerca de Portugal o de Fisterra, del Eo o del Bierzo, o lejos de la tierra. La Cultura, el idioma, nuestro Patrimonio; non es una obligación, ni un problema, es un regalo, una suerte y un orgullo!

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego es la nueva campaña de la Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización y Dinamización Lingüística). La CGENDL nació en el 2009 y está formada por profesionales de la enseñanza, con el fin de proteger y garantizar el uso del galego.

La campaña es muy buena, acertada en el tiempo; por supuesto, en el mensaje, y en el medio. Utilizar a personajes famosos tan actuales como Martín Rivas o María Castro, pero sobre todo, Luis Tosar; para transmitir la idea (tan obvia para nosotros, pero que les cuesta muchísimo entenderla a otros), de que el idioma no es una traba, es una suerte; es una forma acertada de que entre bien por la retina y se estableza en el cerebro…

Sábados musicais: Festival Sinsal. Oito

O Festival Sinsal de Vigo, é un dos maiores acertos culturais da Galiza.

Pra que non o conheza, o Sinsal é unha proposta arriscada e innovadora á par que de calidade, pra achegarse á música contemporánea, tanto a grandes nomes coma a outros menos populares, pero sempre atendendo á calidade artística. Lévase a cabo en diferentes puntos da cidade, dende o MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), ata o Centro Cultural Caixanova. É dicir, dende concertos íntimos con pequeno aforo, a outros que enchen teatros.

Onte no Teatro Caixanova, marabillounos o prato forte desta edición do festival (xa van 8, a que corresponde co inverno, xa que decidiron facelo nas diferentes estacións do ano: Música Para Catro Estacións); e non foi outro que Bill Callahan. Un concerto e unha voz imposible de esquecer.

Pero isto non rematou, de aquí ao verán xa hai outros nomes confirmados, dentro da Extensión do festival. Así, o 8 de abril chegan Lisa Germano e Philip Selway (batería de Radiohead que presenta o seu novo proxecto musical). O 18 do mesmo mes, no MARCO, chega a experimentación musical dos Sunburned Hand of the Man, xunto aos Emeralds. E o 25 e 26 de maio visitará Sinsal Shellac.

Se o Sinsal xa é pra un público minoritario, aínda o escollen un pouco máis no Sinsal Insólito, dirixido a músicos. Neste apartado actuarán Oneohtrix Point Never e Phill Niblock, o 23 de abril e 17 de maio respectivamente.

Ademais de Vigo, o festival esténdese a Ferrol, Corunha e Santiago de Compostela. Polo que aconsello que non perdades a oportunidade de asistir a algún concerto, a experiencia merecerá a pena.

Deixo unha peza do senhor Callahan.

…………

El Festival Sinsal de Vigo, es uno de los mayores aciertos culturales de Galicia.

Para quien no lo conozca, el Sinsal es una propuesta arriesgada e innovadora a la par que de calidad, para acercarse a la música contemporánea, tanto a grandes nombres como a otros menos populares, pero siempre atendiendo a la calidad artística. Se lleva a cabo en diferentes puntos de la ciudad, desde el MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), hasta el Centro Cultural Caixanova. Es decir, desde conciertos íntimos con pequeño aforo, a otros que llenan teatros.

Ayer en el Teatro Caixanova, nos maravilló el plato fuerte de esta edición del festival (ya van 8, la que corresponde con el inverno, ya que decidieron hacerlo en las diferentes estaciones del año: Música Para Cuatro Estaciones); y no fue otro que Bill Callahan. Un concierto y una voz imposible de olvidar.

Pero esto no acabó, de aquí al verano ya hay otros nombres confirmados, dentro de la Extensión del festival. Así, el 8 de abril llegan Lisa Germano y Philip Selway (batería de Radiohead que presenta su nuevo proyecto musical). El 18 del mismo mes, en el MARCO, llega la experimentación musical de los Sunburned Hand of the Man, junto a los Emeralds. Y el 25 y 26 de mayo visitará el Sinsal Shellac.

Si el Sinsal ya es para un público minoritario, aún lo escogen un poco más en el Sinsal Insólito, dirigido a músicos. En este apartado actuarán Oneohtrix Point Never y Phill Niblock, el 23 de abril y 17 de mayo respectivamente.

Además de Vigo, el festival se extiende a Ferrol, Coruña e Santiago de Compostela. Por lo que aconsejo que no perdáis la oportunidad de asistir a algún concierto, la experiencia merecerá la pena.

Dejo una pieza del señor Callahan.

Día das Letras Galegas: Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra polo gran Xurxo Lobato (como ben se le no copyright)

Este ano o Día das Letras Galegas (o 17 de Maio, pra descoidados…), adícaselle a Uxío Novoneyra (1930-1999). Gran poeta do Courel. O de gran poeta non son verbas aventuradas, xa que é o referente neses mesteres na Galiza da segunda metade do século XX.

Lin un bo resumo do seu facer que me fascinou; di así: Non foi un poeta prolífico, senón que era dos que gustaba mastigar as palabras lenta e concienzudamente. Lenta e concienzudamente tamén é a maneira perfecta de ler e rumiar os seus profundos, reais e vivos poemas.

Ten unha excelente páxina na que podedes mergullarvos na súa vida e obra.

Eu deixo o poema Letanía de Galicia, da obra Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Unha auténtica xoia e sorte porque tamén está sonorizado, non hai nada coma escoitar dunha forma tan apaixonada e sentida as súas palabras…

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

…………

Uxío Novoneyra por el gran Xurxo Lobato (como bien se lee en el ©)

Este año el Día das Letras Galegas (el 17 de Mayo, para despistados…), se dedica a Uxío Novoneyra (1930-1999). Gran poeta de O Courel. Lo de gran poeta no son palabras aventuradas, ya que es el referente en esos menesteres en la Galicia de la segunda mitad del siglo XX.

Leí un buen resumen de su hacer que me fascinó; dice así: No fue un poeta prolífico, sino que era de los que gustaba masticar las palabras lenta y concienzudamente. Lenta y concienzudamente también es la manera perfecta de leer y rumiar  sus profundos, reales y vivos poemas.

Tiene una excelente página en la que podéis sumergiros en su vida y obra.

Dejo el poema Letanía de Galicia, de la obra Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Una auténtica joya y suerte porque también está sonorizado, no hay nada como oír de una forma tan apasionada y sentida sus palabras… (Arriba)

Galicia en Timelapse

[Vimeo 9408665]

Trouxen este vídeo pola calidade das imaxes, e por mor da minha debilidade pola tan de moda técnica do Timelapse: consiste na captura dunha imaxe cada certo tempo (ou na gravación dunha secuencia), pra despois unilas e conseguir un efecto de paso do tempo moi rápido, ao proxectalas a unha velocidade maior da que foron rexistradas.

Este traballo de Daniel Almeida (fotógrafo natural de Madrid que vive n’A Corunha), está dividido en dúas partes ben diferenciadas (cambio de música incluído), pero cun tema principal común: as paisaxes galegas. A primeira consiste nunha serie de paneos moi coidados, e a segunda, son uns cantos vídeos timelapse.

Unha visión moi fermosa da nosa máxica terra.

Se queredes saber máis de Daniel Almeida, o seu Flickr e blog.

…………

Traigo este vídeo por la calidad de las imágenes, y por mi debilidad por la tan de moda técnica del Timelapse: consiste en la captura de una imagen cada cierto tiempo (o en la grabación de una secuencia), para después unirlas y conseguir un efecto de paso de tiempo muy rápido, al proyectarlas a una velocidad mayor de la que fueron registradas.

Este trabajo de Daniel Almeida (fotógrafo natural de Madrid que vive en A Coruña), está dividido en dos partes bien diferenciadas (cambio de música incluído), pero con un tema principal común: los paisajes gallegos. La primera consiste en una serie de paneos muy cuidados, y la segunda, son unos cuantos vídeos timelapse.

Una visión preciosa de nuestra mágica tierra.

Si queréis saber más de Daniel Almeida, su Flickr y blog.

Uns Goya moi galegos

O gran Luis Tosar recibiu un merecido e vaticinado Goya, pola súa memorable interpretación de Malamadre no filme Celda 211

Nada novo é o feito de que a Academia de Cine reconheza o seu traballo coma actor. É o seu terceiro Goya, xa o acadara con outras demostracións do ben que se lle dá a súa profesión: Te doy mis ojos Los lunes al sol. E outras, polas que non recibiu tal premio, pero que non esquezo: Lena, Trece badaladas, La flaqueza del bolchevique… E nada novo pra nós, que xa o descubriramos hai uns anos con Mareas Vivas

Mais, polo que é verdadeiramente grande (ademais de pola voz), é por ser unha persoa humilde, próxima, e comprometida coa súa terra. Na gala dos Goya, meteuse a tódolos seus paisanos no peto (se non nos tinha xa), cando se dirixiu a todos en galego.

Non me resultou estranha tal cousa, xa que é o seu idioma; pero nestes tempos en que empregan a Cultura e a lingua pra separarnos e desprezarnos aínda máis entre nós, foi un gran agasallo por parte de Don Luis Tosar á cordura e a razón.

E estando Feijó’O9 alí sentado, necesitaría un tradutor?

Ademais de Tosar, a representación galega no filme máis premiado nesta última edición dos Goya foi abundante, xa que é unha produción galega (Vaca FILMS). Se xa a conhecedes, estaredes de acordo comigo en que é dinheiro ben empregado (e con Enma Lustres, cando asegurou que é un día moi feliz pra Galicia, e pra a xente que aquí traballa). Se non, xa tardades.

…………

El gran Luis Tosar recibió un merecido y cantado Goya, por su memorable interpretación de Malamadre en la película Celda 211

Nada nuevo es el hecho de que la Academia de Cine reconozca su trabajo como actor. Es su tercer Goya, ya lo consiguiera con otras demostraciones de lo bien que se le da su profesión: Te doy mis ojos y Los lunes al sol. Y otras, por las que no recibió tal premio, pero que no olvido: Lena, Trece campanadas, La flaqueza del bolchevique… Y nada nuevo para nosotros, que ya lo descubriéramos hace unos años con Mareas Vivas

Pero, por lo que es verdaderamente grande (además de por la voz), es por ser una persona humilde, cercana, y comprometida con su tierra. En la gala de los Goya, se metió a todos sus paisanos en el bolsillo (si no nos tenía ya), cuando se dirigió a todos en gallego.

No me resultó estraña tal cosa, ya que es su idioma; pero en estos tiempos en que emplean la Cultura y la lengua para separarnos y despreciarnos aún más entre nosotros, fue un gran regalo por parte de Don Luis Tosar a la cordura y la razón.

Y estando Feijó’O9 allí sentado, necesitaría un traductor?

Además de Tosar, la representación gallega en la película más premiada en esta última edición de los Goya, fue abundante. Ya que es una producción gallega (Vaca FILMS). Si ya la habéis visto, estaréis de acuerdo conmigo en que es dinero bien empleado (y con Enma Lustres, cuando aseguró que es un día muy feliz para Galicia, y para la gente que aquí trabaja). Si no, os la aconsejo.

A Xunta, os coches e os embustes do PP

Hai un perigoso virus solto na Xunta, que afecta a todo aquel a quen se lle dea o poder de des-gobernarnos. Un dos nefastos síntomas (sobre todo pra as arcas públicas), é un repentino e insostible afán consumista… polos coches!

O primeiro en denunciar este feito, foi o auto-proclamado transparente e austero, Feijó’O9. Cando, alá polo mes de marzo do pasado ano, fíxonos saber (mesmo acadou moitos votos… Os que perderon outros), da tendencia ao luxo do goberno do bipartito; xa que, ademais das reformas nos despachos, soubemos do gusto de Touriño polos audis… Pero, este novo heroe dunha aínda abundante representación rancia do noso país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; coma soe pasar nestes casos, esqueceu dicirnos toda a verdade…

Eses audis malditos, dos que intenta desfacerse dende que é o Presidente (pero non hai maneira, aconséllolle Ebay senhor Feijó’o), resulta que foron mercados, case na súa totalidade, polo goberno de Fraga! (as datas de matriculación revelan que foron adquiridos entre o 2000 e o 2005…). Vaia, que cousas. Nada, seguro que as lagoas mentais só foron outro síntoma dese virus-Xunta, neste caso por afán de proximidade…

Mais, isto non é todo. Ese virus sen piedade, atacou mesmo a moral intacta e eunuca do Presidente Feijó’o, facéndolle ter dúas! Un claro síntoma, xa dunha infección grave, é a dobre moral. Por mor diso, dende hai menos dun ano que chegou a Xunta, Feijó’O9 xa gastou 6,328 millóns de euros na adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!

Endemonhado virus!! Que fixeches coa austeridade e a transparencia do noso Feijó’o?!?!

Só podo dicir unha cousa: embusteiros! Ademais declarouse satisfeito cos seus gastos e, polo tanto, coas súas falacias…….. E aínda ten as narices de xactarse diso……..

E o peor é que haberá quen os queira e os crea así e todo…

…………

Hay un peligroso virus suelto en la Xunta, que afecta a todo aquel a quien se le de el poder de des-gobernarnos. Uno de los nefastos síntomas (sobre todo para las arcas públicas), es un repentino e inaguantable afán consumista… ¡por los coches!

El primero en denunciar este hecho, fue el auto-proclamado transparente y austero, Feijó’O9. Cuando, allá por el mes de marzo del pasado año, nos contó (incluso consiguió muchos votos… Los que perdieron otros), de la tendencia al lujo del gobierno del bipartito; ya que, además de las reformas en los despachos, conocimos el gusto de Touriño por los audis… Pero, este nuevo héroe de una aún abundante representación rancia de nuestro país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; como suele pasar en estos casos, olvidó decirnos toda la verdad…

Esos audis malditos, de los que intenta deshacerse desde que es el Presidente (pero no hay forma, le aconsejo Ebay señor Feijó’o), resulta que fueron comprados, casi en su totalidad, por el gobierno de Fraga! (las fechas de matriculación revelan que fueron adquiridos entre el 2000 y el 2005…). Vaya, que cosas. Nada, seguro que las lagunas mentales sólo fueron otro síntoma de ese virus-Xunta, en este caso por afán de proximidad…

Pero, esto no es todo. Ese virus sin piedad, atacó incluso la moral intacta y eunuca del Presidente Feijó’o, haciendo que tenga dos! Un claro síntoma, ya de una infección grave, es la doble moral. Por eso, desde hace menos de un año que llegó a la Xunta, Feijó’O9 ya gastó 6,328 millóns de euros en la adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!

Endemoniado virus!! ¿Qué hiciste con la austeridad y la transparencia de nuestro Feijó’o?!?!

Sólo puedo decir una cosa: embusteros! Además se declaró satisfecho con sus gastos y, por lo tanto, con sus falacias…… Y aún tiene las narices de jactarse de ello……..

Y lo peor de todo es que habrá quien los queira y los crea aún así…

“55 mentiras sobre a lingua galega”

Hoxe ás 8:30, a plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua, presenta o ensaio 55 mentiras sobre a lingua galega. Será de forma simultánea en máis de medio cento de localidades, espalladas tanto na Galiza (tódalas cidades e vilas principais), coma en Espanha (Barcelona, Madrid ou Vitoria/Gasteiz, entre outras), e no estranxeiro (dende Bos Aires, pasando por Lisboa ata Nova York).

Coa publicación deste libro, tratan de desmontar as falacias que se verteron sobre a lingua galega ao longo da historia, e que, aínda hoxe, repercuten na sociedade. O seu obxectivo, é arredar os freos que hai no caminho da necesaria normalización lingüística na nosa sociedade.

O que máis valoro deste gran traballo, é o seu afán limpo, organizado e sen partidismos, e que só buscan o beneficio da nosa lingua: o galego.

Aquí o listado completo dos lugares onde se vai facer a presentación.

Vémonos nalgún deles.

Actualización: Pra os que non puideron estar na presentación, deixo unha selección de 20 mentiras, elaborada pola profesora Pilar Ponte.

…………

Hoy a las 8:30, la plataforma en beneficio de la defensa y promoción de la lengua gallega ProLingua, presenta el ensayo 55 mentiras sobre a lingua galega. Será de forma simultánea en más de medio centenar de localidades, extendidas tanto en Galicia (todas las ciudades y pueblos principales), como en España (Barcelona, Madrid o Vitoria/Gasteiz, entre otras), y en el extranjero (desde Buenos Aires, pasando por Lisboa hasta Nueva York).

Con la publicación de este libro, tratan de desmontar las falacias que se vertieron sobre la lengua gallega a lo largo de la historia, y que, aún hoy, repercuten en la sociedad. Su objectivo, es apartar los frenos que hay en el camino de la necesaria normalización lingüística en nuestra sociedad.

Lo que más valoro de este gran trabajo, es su afán limpio, organizado y sin partidismos, y que sólo buscan el beneficio de nuestra lengua: el gallego.

Aquí el listado completo de los lugares donde se va a llevar a cabo la presentación.

Nos vemos en alguno de ellos.

Actualización: Para los que no pudieron estar en la presentación, dejo una selección de 20 mentiras, elaborada por la profesora Pilar Ponte. (Arriba)