Arquivos diarios: 19/04/2010

Volven os mestres: Castelao e Seoane.

Dúas mostras, A derradeira lección do mestre no Museo Provincial de Lugo e A configuración do posible na Fundación Luis Seoane d’A Corunha, devólvennos as leccións dos mestres da Cultura Galega nun momento moi necesario…

Castelao por Pacheco.

A primeira, adicada a Castelao, céntrase nunha etapa concreta deste gran escritor, pintor e mestre do nacionalismo; a que vai dende 1936 a 1950. Prodúcese por mor do 60 aniversario da súa morte… Poderase ollar ata o 10 de xullo. Visita obrigada pra rememorar a unha das figuras máis importantes da historia deste país.

Seoane por Anatole B. Saderman.

A segunda conmemora os 100 anos do nacemento doutro estandarte da cultura nacional, ademais de pintor, ilustrador, escritor e editor: Luis Seoane. Ese é motivo que leva a Fundación co seu mesmo nome a facerlle unha homenaxe, revisando en profundidade a colección do artista, sen esquecer ningunha das actividades ás que lle adicou a súa vida… Outra mostra obrigada pra gabar a súa xenialidade e o seu compromiso coa cultura e co país.

Nunca debemos esquecer a incontable valía do que temos, da nosa Cultura, nin aos que loitaron por ela, e aos que agora suplimos…

Advertisement