Arquivo da categoría: Animación

Animación galega

Tres propostas moi diferentes de como facer animación, e que contar, pero con algo en común: están feitas na Galiza.

A primeira é a curtametraxe cómica O Raio Transparente, de Francisco Lapeña; onde dende un punto de vista fantástico, empregando personaxes e iconas da cultura popular galaica (coma dous clásicos do santoral: os San Benitinhos de Lérez e o de Paredes, que se enlean nunha pelexa ancestral pola supremacía milagreira, é o feito argumental da curta), os protagonistas (un mexillón e unha landra), representan a cultura da costa e do interior da Galiza.

As voces resultaranvos familiares. Son as de Miguel de Lira e Víctor Mosqueira. Ademais do esqueleto… Pasou polo Festival de Cans e o de Ourense, entre outros.

A segunda é O Pintor de Ceos. Curta incrible dun debutante: Jorge Morais (Vigo, 1981), da que se encargou por completo (director, produtor, guionista, animador, editor, técnico de son…), o que lle da máis mérito se cadra. Está catalogada no xénero de terror, pero en realidade é un drama fantástico feito dunha maneira exquisita, na que sobresae a ambientación, inspirada na paisaxe costeira galega. Cóntanos a triste historia dun marinheiro que perde a súa familia nunha tempestade, e pra resarcilo emprega a pintura, tentando remediar as incesantes tormentas…

Recibiu moitos premios, coma o Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación. Deixo só unha parte, xa que a orixinal dura case 25’…

A derradeira polo momento, é Leo do impresionante Fernando Cortizo e a súa produtora Artefacto Producións. Esta curta forma parte dunha serie de misterio de 13 episodios titulada Sombras na noite. Ten a mesma estética e técnica (Claymation ou Plastimación coa colaboración de varios actores galegos, que prestan as súas caras e maila voz, pra darlle vida ós personaxes de plastilina, ademais do emprego de decorados), que axinha veremos n’O Apóstolo (filme coa mesma autoría).

Neste caso Cortizo, cóntanos a historia de Víctor, un ventrílocuo no termo da súa carreira, obsesionado co fracaso, o esquecemento e o seu boneco. No Youtube está en castelán, se queredes ver a versión orixinal en galego e en mellor calidade aquí.

Advertisement

Os The Prodigy máis galegos

Xa sei que diredes que de galegos tenhen ben pouco os The Prodigy, e con razón… Pero hai algo que os une a nosa terra. E non é outra cousa que este vídeo:

Os autores son María Lodeiro, David Martín, Tamara Meiras, Sara Cueto e Rubén López Ares. Máis conhecidos coma Omnivorous Tree Creative Collective, e antigos empregados da produtora de animación Dygra Films (O bosque animado, O sonho dunha noite de San Xoán, O espírito do bosque…). Estando no paro decidiron montalo pola súa conta, e non comezaron mal… Quedaron segundos con este vídeo no certame organizado polo grupo inglés The Prodigy, na procura dun videoclip para o seu tema Run with the Wolves.

Trátase dunha montaxe de animación 3D, cunha estética de ilustración tradicional, elaborado en apenas ¡tres semanas!; que presaxia un doce futuro, ou polo menos un futuro, á animación feita en Galiza. Así, agora quérense constituír como empresa e continuar o seu traballo na animación… Pois dende aquí os meus ánimos e profunda admiración, polo seu traballo e a súa coraxe.

…………

Ya sé que diréis que de gallegos tienen bien poco los The Prodigy, y con razón… Pero hay algo que los une a nuestra tierra. Y no es otra cosa que este vídeo (arriba).

Los autores son María Lodeiro, David Martín, Tamara Meiras, Sara Cueto y Rubén López Ares. Más conocidos como Omnivorous Tree Creative Collective, y antiguos empleados de la productora de animación Dygra Films (El bosque animado, El sueño de una noche de San Juan, El espíritu del bosque…). Estando en el paro decideiron montarlo por su cuenta, y no empezaron mal… Quedaron segundos con este vídeo en el concurso organizado por el grupo inglés The Prodigy, en la búsqueda de un videoclip para su tema Run with the Wolves.

Se trata de un montaje de animación 3D, con una estética de ilustración tradicional, elaborado en apenas tres semanas!; que presagia un dulce futuro, o por lo menos un futuro, a la animación hecha en Galicia. Así, ahora se quieren constituír como empresa y continuar su trabajo en la animación… Pues desde aquí mis ánimos y profunda admiración, por su trabajo e a su coraje.

A Nena Que Tinha Unha Soa Orella (La Niña Que Tenía Una Sola Oreja)

Allegra é a protagonista de A Nena Que Tinha Unha Soa Orella. Ten 5 anos e aprenderá a aceptar e a respectar as diferencias entre as persoas. E nós con ela, a través desta curtametraxe de animación, baseada nun conto de Lucía Etxebarría (La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña), e nas ilustracións de Víctor Coyote.

Pra facer a adaptación non escatimaron en recursos técnicos: dende monifates, collages e sombras chinescas, ata técnicas máis avanzadas coma Stop Motion, 3D e CGI.

Foi rodada en Ferrol e Narón baixo a dirección de Álvaro León e a produción do ferrolán Rubén Coca. Tivo o seu pre-estreo no Festival de Cans, pasou por AniMadriD, CurtoCircuito09, entre outros, e recentemente recibiu o premio á Mellor Videocreación na Mostra de Videocreación do Condado (MIVICO09).

…………

Allegra es la protagonista de La Niña Que Tenía Una Sola Oreja. Tiene 5 años y aprenderá a aceptar y a respetar las diferencias entre las personas. Y nosotras/os con ella, a través de este cortometraje de animación, basado en un cuento de Lucía Etxebarría (La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña), y en las ilustraciones de Víctor Coyote.

Para hacer la adaptación no escatimaron en recursos técnicos: desde marionetas, collages y sombras chinas, hasta técnicas más avanzadas como Stop Motion, 3D e CGI.

Fue rodada en Ferrol y Narón bajo la dirección de Álvaro León y la producción del ferrolano Rubén Coca. Tuvo su pre-estreno en el Festival de Cans, pasó por AniMadriD, CurtoCircuito09, entre otros, y recientemente recibió el premio a la Mejor Videocreación en la Mostra de Videocreación do Condado (MIVICO09).