Arquivo da categoría: ARTistas

Volven os mestres: Castelao e Seoane.

Dúas mostras, A derradeira lección do mestre no Museo Provincial de Lugo e A configuración do posible na Fundación Luis Seoane d’A Corunha, devólvennos as leccións dos mestres da Cultura Galega nun momento moi necesario…

Castelao por Pacheco.

A primeira, adicada a Castelao, céntrase nunha etapa concreta deste gran escritor, pintor e mestre do nacionalismo; a que vai dende 1936 a 1950. Prodúcese por mor do 60 aniversario da súa morte… Poderase ollar ata o 10 de xullo. Visita obrigada pra rememorar a unha das figuras máis importantes da historia deste país.

Seoane por Anatole B. Saderman.

A segunda conmemora os 100 anos do nacemento doutro estandarte da cultura nacional, ademais de pintor, ilustrador, escritor e editor: Luis Seoane. Ese é motivo que leva a Fundación co seu mesmo nome a facerlle unha homenaxe, revisando en profundidade a colección do artista, sen esquecer ningunha das actividades ás que lle adicou a súa vida… Outra mostra obrigada pra gabar a súa xenialidade e o seu compromiso coa cultura e co país.

Nunca debemos esquecer a incontable valía do que temos, da nosa Cultura, nin aos que loitaron por ela, e aos que agora suplimos…

Advertisement

A Muller na Arte Galega II

María Antonia Dans, Paisaxe, 1980.

  • María Antonia Dans Boado, (María Antonia Dans): Oza dos Ríos, Corunha 1922 – Madrid 1988. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Corunha, e no Círculo de Belas Artes e a Escola de San Fernando de Madrid, onde se trasladou tralo seu casamento, a principios dos cincuenta, e residiu o resto da súa vida. Pero a verdadeira formación e influenza na súa obra, recibiuna na Galiza rural da súa xuventude: eses lugares, cores e experiencias, marcarán a súa traxectoria artística. Así, a súa temática vincularase a Galiza, a súa paisaxe e os seus paisanos. Nunha pintura figurativa e paisaxística (sentiuse próxima a Benjamín Palencia), cun estilo deliberadamente inxenuo, elemental e colorista (con ecos fauvistas), que algúns achegan ao naif. Pero en realidade, é un neoexpresionismo intimista e sinxelo dun mundo, que nos achega a unha infancia feliz… Obtivo unha longa lista de exposicións, bolsas e premios. E a súa obra está en Madrid e en tódolos museos de Galiza.

María Victoria de la Fuente, La nevada, 1972.

  • María Victoria de la Fuente Alonso, (María Victoria de la Fuente): Vigo, 1927 – Madrid, 2009. Dunha familia de arquitectos, formouse en Madrid, onde a partires de 1945 pasa tempadas, asiste ó estudio do pintor Julio Moisés e é alumna libre da Academia de San Fernando. Viaxa a París, ós Países Baixos e a Italia, onde conhece as obras dos grandes mestres da pintura. Obtivo diversos premios, coma o da crítica en 1962, pola súa exposición individual no Ateneo; ou a terceira e segunda medallas Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967, respectivamente, entre outros. En 1964 casou co pintor Máximo de Pablo, e vai vivir ao Levante. A súa obra caracterízase por uns ambientes exquisitos, misturando a atmosfera e os obxectos, con cores dourados ocres e carmíns atenuados, onde sen pode apreciar un debuxo magnífico e unha gran técnica. Cun estilo expresionista e unha gran execución, a súa obra fai dela unha das grandes figuras da pintura espanhola contemporánea. Está representada en Madrid, Galiza e noutros moitos  museos de Espanha, Europa e América.

Mercedes Ruibal, A bebedora de asente, 1973.

  • Mercedes Ruibal Argibay, (Mercedes Ruibal): Santo Andrés de Xeve, 1928 – Vigo, 2003. Dunha familia de artistas (filla de pintora, irmá do dramaturgo José Ruibal e esposa do pintor e arquitecto Agustín Pérez Bellas), emigrou a Bos Aires cuns vinte anos, onde comezou a pintar baixo a guía de Laxeiro (artista que marcará a súa obra futura). No ano 57 retorna a Vigo, e tamén vai a Madrid, onde se encontra con outros artistas e intelectuais, coma Rafael Alberti, que lle adicou un poema. A súa pintura achégase primeiro a Laxeiro e despois a Rouault, pasou dun primitivismo naif, a un expresionismo feroz, con formas dun románico popular, con tendencias denunciadoras. Onde predominan o vermello, o azul e o negro. Realizou exposicións en numerosas cidades de España, Italia e Sudamérica. E é autora dunha novela que ten por título Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al fondo. A súa pintura atópase en Madrid, Nicaragua e Chile, ademais de en tódolos museos de Galicia.

Elena Gago, El piano, 1990.

  • María Elena Fernández Gago, (Elena Gago): A Corunha, 1940? A súa data de nacemento non se conhece. Inicialmente formouse na súa cidade natal; máis tarde foi a Madrid á Escola de Belas Artes de San Fernando e ó Círculo de Belas Artes. A partires dun realismo minucioso e perfeccionista, crea un mundo onírico baleiro e silandeiro, construído xeometricamente, con cores suaves e luces febles; cos que consegue humanizar os obxectos. Tamén publicou pequenos ensaios sobre temas de arte e pronunciou conferencias. Expuxo en numerosas cidades, tamén estranxeiras, coma Munich e Bruxelas. Está representada en museos de Galicia e en importantes coleccións do estranxeiro.

Manolo Paz nun Mar de Pedra

Un Mar de Pedra é o documental que se proxectou no Play Doc, e que ten coma protagonista ao artista galego Manolo Paz.

Unha ollada á intimidade do proceso creativo do escultor: dende que vai á canteira a pola súa prezada materia prima, ata que expón as obras, no ano 2007, na Galería SCQ (onde tiven o inmenso pracer de formar parte… Ollando, coidando e gozando das obras de Manolo Paz, entre moitos outros).

Deixo uns teaser do documental, que nos achegan a un artista único.

…………

Un Mar de Pedra es el documental que se proyectó en el Play Doc, y que tiene como protagonista al artista gallego Manolo Paz.

Una mirada a la intimidad del proceso creativo del escultor: desde que va a la cantera a por su preciada materia prima, hasta que expone las obras, en el año 2007, en la Galería SCQ (donde tuve el inmenso placer de formar parte… Mirando, cuidando y disfrutando de las obras de Manolo Paz, entre muchos otros).

Dejo unos teaser del documental, que nos acercan a un artista único.

Alt10 Festival Alternativo en Vigo

Ata o vindeiro sábado 20 de Marzo celébrase o Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, Alt10.

Xa vai pola novena edición, e case perdo a gran oportunidade de participar neste festival (comezou o pasado día 11), que trae outras formas e experiencias escénicas (un total de 12 espectáculos), que un grupo de xente amantes do teatro, decidiron achegar a Vigo. Pra agradecerlles semellante esforzo e agasallo, nada mellor que asistir as súas representacións.

Deixo a programación do que aínda estamos a tempo de ollar, pero xa pasaron polas rúas da cidade, ou por institucións coma o MARCO ou a Casa das Artes companhías chegadas de Francia (Etxea, Café Kash), Andalucía (Histrión) ou Madrid (Mone Penela, Elena Córdoba).

O venres 19 haberá unha sesión especial con proxectos galegos. Carolina Fernández, Alfonso Rivera, Uxía P. Vaello e Borja Fernández, achegarán os seus traballos procedentes de distintas artes como danza, circo e teatro.

Non perdades a oportunidade de asistir a algún espectáculo. As entradas pódense mercar aquí.

Xoves 18 de marzo

MARCO

20h

Sleepwalk Collective…..(Euskadi y GB)

“As The Flames Rose We Danced To The Sirens, The Sirens”

CASA DAS ARTES

21.30h

Cía Ertza (Euskadi)

“Zoo (bestias trajeadas)”

Venres 19 de marzo

“Especial Galicia presenta”

MARCO

20h

Carolina Fernández

“Arquitecturas interiores”

CASA DAS ARTES (1º ANDAR)

19h

Alfonso Rivera

“Water spring (silent drama)”

CASA DAS ARTES (planta baixa)

21.30h

Uxía P. Vaello e Borja Fernández

“Renwid, fantasías en 1987”

Sábado 20 de marzo

MARCO

20h.

Cía Vero Cendoya (Cataluña)

“Bodegones de un alma”

CASA DAS ARTES

21.30h

Cía Mandaito Producciones (Andalucia)

“Días, pasan, cosas”

A Muller na Arte Galega I

Por mor da proximidade do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de Marzo, quero adicarlles unhas poucas verbas (tendo en conta tódalas que merecen), un modesto reconhecemento do seu gran labor (que aínda non se fai), e abrir unha pequena fiestra, á inmorredoira lembranza dos traballos da Muller na Arte Galega…

Outra razón que me leva a facer este artigo, é a discriminación existente no mundo da arte. Porque a diferencia doutros ámbitos profesionais que se feminizaron en gran medida, non ocorre o mesmo no sistema laboral da arte…

Mais… Tentando deixar nun lado as trabas por ser muller neste aínda mundo de homes, imos facer unha viaxe polo tempo ata hoxe, centrándonos só na obra destas mulleres, pero dándolle aínda máis valor se cadra… Non están tódalas que son, pero tentarei abarcar o máis posible…

María Corredoyra, Retrato de campesina, 1912

  • María Carmen Corredoira (María Corredoyra): A Corunha 1893 – 1970. Pertence á Xeración de 1916. Retratista de estilo Rexionalista, rematará pintando exclusivamente interiores conventuais cheos de melancolía, nos que prescinde da figuración humana. Mistura o realismo coa espiritualidade. En 1936 foi nomeada Membro directivo da Asociación de Artistas Corunhesa, e en 1938 foi elixida Membro de Número da Real Academia Provincial de Belas Artes da Corunha… A súa obra pódese apreciar no Museo Quinhones de León de Vigo, na Colección Caixanova e no Museo Provincial de Lugo.

Legísima, En familia, 1940

  • Carmen Rodrígez de Legísima (Legísima): Lousado, Ourense 1896 – Vigo 1980. Pintora chea de espiritualidade (barroca) e sinxeleza (realista), cunha paleta colorida e de pincelada grosa, con predominio do retrato e do bodegón na súa temática. No ano 1943 obtén a medalla de prata por Minha irmá na Exposición Nacional de Belas Artes, e no Salón de Outono de 1968 obtén a primeira medalla. En 1987 créase o Premio de Mulleres Pintoras que leva o seu nome… Enrique Lafuente Ferrari dixo que é «La Solana femenina» (polo seu debuxo firme e como torpe). Legísima é unha figura clave da Arte Galega. A súa obra pódese atopar no Quinhones de León de Vigo, e en coleccións institucionais (Caixanova) e particulares.

Maruja Mallo, Dúas mulleres na praia, 1928

  • Maruja Mallo (Ana María Gómez González, en realidade): Viveiro, Lugo 1902 – Madrid 1995. Sen dúbida, é a artista galega máis reconhecida do século XX. A súa obra pódese definir coma xenial , e fáltanme verbas pra clasificala (tanto é directa, coma simple ou complexa, racial ou sutilísima), pois mergullouse nas vangardas e deixouse levar por tódolos –ismos (futurismo, surrealismo…), pero sen perder de vista a arte popular. É difícil atopar unha etapa longa e uniforme… A súa mistura particular de todo iso, deu lugar a súa obra… Ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando, e relacionouse cos poetas e artistas máis vangardistas do país, coma García Lorca, Buñuel, Dalí, Benjamín Palencia, Concha Méndez ou Rafael Alberti (moi importante na súa vida)… Polo que foi unha das protagonistas da marabillosa creatividade que se viviu na Espanha de finais dos anos vinte, ata a Guerra Civil… Dende 1928 ata 1931 forma parte da Escuela de Vallecas, achégase ao surrealismo, e dará lugar á serie Cloacas e campanarios. De 1932 ao 34 vai a París cunha bolsa de estudios do Ministerio de Instrucción Pública. A súa volta dá un novo xiro ao seu estilo, cun predominio do xeométrico (as series Arquitecturas minerais e Arquitecturas vexetais). Tivo un gran compromiso coa República, e ao estalar a Guerra Civil marchou a Bos Aires, onde prosegue coa súa faceta artística facendo varias series Retratos bidimensionais (rostros femininos de fronte e perfil), Bailarinas, Máscaras, Arquitecturas e Naturezas vivas. Volveu a Espanha nos anos sesenta, e recibiu a Medalla de Ouro de Belas Artes no 1982. Está representada en museos de todo o mundo, en Espanha, en Europa, en América, de Norte a Sur… Isto só é un resumo da súa brillante vida e obra. Deberá ter un artigo pra ela soa.

Xulia Minguillón, A Fonte, primeira metade S. XX

  • Julia Minguillón Iglesias (Xulia Minguillón): Lugo 1906 – Madrid 1965. Unha das escasas artistas galegas que conseguiu resonancia nacional, tamén é unha das poucas mulleres espanholas que logrou primeira medalla na Nacional de Belas Artes, no ano 1941, pola súa obra A escola de Doloriñas… En 1923 consegue unha bolsa de estudos da Deputación, coa que vai a Madrid, e cando estala a guerra, volve á seguridade da casa paterna de Vilanova de Lourenzá, de reconhecida filiación dereitista. Viviu en Vigo dende 1948 e Madrid en 1961 (onde morreu)… A súa pintura adecuábase ao gusto estético da posguerra. Traballou coa paisaxe, os retratos (de prestixiosos personaxes da sociedade galega, ou encargos da sociedade acomodada), escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. Ten un bo dominio técnico, hai un claro protagonismo feminino, e pinta unha realidade branca (sen miseria nin amargura)… Forma parte das mulleres académicas da Real Academia Galega. Podemos achegarnos a súa obra en museos como o Provincial de Lugo.

Aínda hai moitas artistas das que falar, pero continuarei noutro artigo…

Visitas obrigadas 2.0

Onte inaugurouse no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), a mostra adicada a Candida Höfer, chamada Projects: Done. Trátase dunha montaxe realizada en colaboración co arquitecto Kuehn Malvezzi… Unha delicia pra os amantes da fotografía, a arquitectura… E a Arte en xeral.

A exposición presenta obras súas feitas dende 1968 a 2008, ordenadas por secuencias. Catro décadas de traballo, nas que a presencia das persoas vai desaparecendo, ata darlle todo o protagonismo á arquitectura. Höfer trasládanos a maxestosos espazos baleiros, que enchemos ca nosa ollada, e ata parece que podemos oír o rumor dos noso pasos neles…

Aconsélloa totalmente. Pódese ver ata o 23 de maio.

…………

Ayer se inauguró en el MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), la exposición dedicada a Candida Höfer, llamada Projects: Done. Se trata de un montaje realizado en colaboración con el arquitecto Kuehn Malvezzi… Una delicia para los amantes de la fotografía, la arquitectura… Y el Arte en general.

La exposición presenta obras suyas hechas desde 1968 a 2008, ordenadas por secuencias. Cuatro décadas de trabajo, en las que la presencia de las personas va desapareciendo, hasta darle todo el protagonismo a la arquitectura. Höfer nos traslada a majestuosos espacios vacíos, que llenamos con nuestra mirada, y hasta parece que podemos oír el rumor de nuestros pasos en ellos…

La aconsejo totalmente. Se puede ver hasta el 23 de mayo.


Ilustradores galegos I

Xóvenes pero xa grandes talentos. Comezo o meu repaso persoal con tres deles: Ana Santiso, Ana Amado e Alberto Vázquez.

Ana Santiso naceu en Touro en 1981, e é unha das minhas debilidades nisto da ilustración. Licénciase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2005 e no 2008 remata o Ciclo de Grao Superior de Ilustración na Escola Massana de Barcelona. Ganhou certames coma o de Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Arte no Morrazo ou o de Isaac Díaz Pardo da Deputación de A Coruña.

 xan e as fabas

Ilustración interior do album ilustrado Xan e as Fabas, gouache, 2008

pulgarcinho

Álbum ilustrado Pulgarcinho, gouache, 2008

A Ana Amado (Ferrol, 1975) convídoa o meu humilde espacio, non só polas súas ilustracións, senón tamén por unha grande admiración por todo o seu traballo, xa que  é unha artista polifacética: ilustradora, fotógrafa, arquitecta, música e ata comisaria de exposicións (todo un exemplo a seguir…).

as time goes by amadoLi po amado

Remato polo de agora, con Alberto Vázquez (A Corunha, 1980), ilustrador cun incrible talento, que me deixa abraiada con cada novo traballo. Colabora coma ilustrador pra ElPaís e diferentes revistas. Combínao coa realización de libros ilustrados, e tamén é autor de banda desenhada… Todo un luxo admirar o seu traballo.

American Way magazine

Ilustración pra American Way magazine

…………

Jóvenes pero ya grandes talentos. Comienzo mi repaso personal con tres de ellos: Ana Santiso, Ana Amado y Alberto Vázquez.

Ana Santiso nació en Touro en 1981, y es una de mis debilidades en esto de la ilustración. Se licencia en la Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2005 y en el 2008 termina el Ciclo de Grado Superior de Ilustración en la Escola Massana de Barcelona. Ganó certámenes como el de Novos Valores de la Deputación de Pontevedra, Arte no Morrazo o el de Isaac Díaz Pardo de la Deputación de A Coruña.

el tabacoEl tabaco. Ilustración para el periódico del estudiante. barcelona 2008

A Ana Amado (Ferrol, 1975) la invito a mi humilde espacio, no sólo por sus ilustraciones, sino también por una gran admiración por todo su trabajo, ya que es una artista polifacética: ilustradora, fotógrafa, arquitecta, música y hasta comisaria de exposiciones (todo un ejemplo a seguir…).

naufragio

Naufragio

Termino por lo de ahora, con Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), ilustrador con un increíble talento, que me deja impresionada con cada nuevo trabajo. Colabora como ilustrador para ElPaísy diferentes revistas. Lo combina con la realización de libros ilustrados, y también es autor de cómics… Todo un lujo admirar su trabajo.

paisaje

Paisaje. Ilustración publicada en la sección de psicología de ElPaís Semanal.

Victoria Diehl

diehl diante das súas obras

Diehl diante das súas obras

© Victoria Diehl

Unha gran fotógrafa corunhesa, que me deixou abraiada na última edición de PhotoGalicia: Victoria Diehl.  Na súa obra mistura as técnicas dixitais coa estética da escultura clásica, xa que, como ela mesma explicou, fusiona imaxes de esculturas con modelos reais. Unha prestidixitadora que lle da vida ás estatuas, ou que eterniza os seus modelos nun instante.

……………

Una gran fotógrafa coruñesa, que me dejó impresionada en la última edición de PhotoGalicia: Victoria Diehl. En su obra mezcla las técnicas digitales con la estética de la escultura clásica, ya que, como ella misma explicó, fusiona imágenes de esculturas con modelos reales. Una prestidigitadora que le da vida a las estatuas, o que eterniza a sus modelos en un instante.

Nano4814

nanoaccionnyc

Nano4814, é un artista urbano vigués, caracterizado pola súa firma en forma de choco.

Ademáis da minha debilidade polos artistas que empregan o muro coma o seu lenzo (Banksy, Blu, Above…), Nano chamoume especialmente a atención despois da súa segunda exposición individual na galería Adhoc. Nela conhecín un artista cheo de inquietudes, e que non se conforma con ser un grafiteiro. Instalacións, cadros e esculturas (e, por suposto, murais), nos que mistura materiais e técnicas, pero sen perde-lo seu estilo.

Cunha interesante proxección internacional (formou parte dunha exposición colectiva que a Tate Modern organizou nas rúas próximas á galería, na que fixo unha instalación con paneis publicitarios que restaurou), e nacional (ademáis, agora vive en Madrid), perfílase coma un artista que non se pode perder de vista.

…………..

Nano4814, es un artista urbano vigués, caracterizado por su firma en forma de choco (calamar).

Además de mi debilidad por los artistas que emplean el muro como su lienzo (Banksy, Blu, Above…), Nano me llamó especialmente la atención después de su segundo exposición individual en la galería Adhoc. En ella conocí un artista lleno de inquietudes, y que no se conforma con ser un grafitero. Instalaciones, cuadros y esculturas (y, por supuesto, murales), en los que mezcla materiales y técnicas, pero sin perder su estilo.

Con una interesante proyección internacional (formó parte de una exposición colectiva que la Tate Modern organizó en las calles próximas a la galería, en la que hizo una instalación con paneles publicitarios que restauró), y nacional (además, ahora vive en Madrid), se perfila como un artista que no se puede perder de vista.

instalacionnano2 Instalación Urban Edge Show. Espazio P4. Milán, 2005

nanopaliza Paliza, 2008. Autorretrato en lá. 64 x 25 cm.

sentítulonano Sen título, 2008. Técnica mixta. Medidas variables

sentítulonano2 Sen título, 2007. Acrílico / papel reciclado. 53 x 34 cm.