Arquivo da categoría: Axenda CULTural

As primeiras perlas do Sónar Galicia 2010

[Actualización coa programación completa aquí]

Con tanta inactividade blogueira, acumúlanseme as noticias. Comezo por unha moi boa pra os amantes da música: os grandes Air e LCD Soundsystem !! serán os pratos fortes de dous dos tres días do Sónar Galicia (xa sabedes que se fará no lugar habitual: Barcelona, e tamén n’A Corunha por mor do Xacobeo 2010).

Así, os Air actuarán na Galiza o sábado 19 de xuño, e LCD o venres 18. Aínda queda por saber un gran nome da electrónica do momento pra o xoves 17 (eu estou facendo as minhas apostas, ou súplicas… Justice, Justice, Justice!). O das entradas pra o Sónar Galicia tamén se fai agardar…

Se estades interesados, pra máis información a web oficial do Sónar, aquí tamén porán á venda as entradas. Verémonos polo Sónar Galicia!

…………

[Actualización con la programación completa aquí]

Con tanta inactividad bloguera, se me acumulan las noticias. Comienzo por una muy buena para los amantes de la música: los grandes Air y LCD Soundsystem !! serán los platos fuertes de dos de los tres días del Sónar Galicia (ya sabéis que se hará en el lugar habitual: Barcelona, y también en A Coruña con motivo del Xacobeo 2010).

Así, los Air actuarán en Galicia el sábado 19 de junio, y LCD el viernes 18. Aún queda por saber un gran nombre de la electrónica del momento para el jueves 17 (ya estoy haciendo mis apuestas, o súplicas… Justice, Justice, Justice!). Lo de las entradas para el Sónar Galicia también se hace esperar…

Si estáis interesados, para más información la web oficial del Sónar, aquí también pondrán a la venta las entradas. Nos veremos por el Sónar Galicia!

Advertisement

Factoría Compostela

Hoxe inaugúrase en Compostela unha nova maneira de ollar a Arte: Factoría.

Este espazo de experimentación e creación contemporánea, xorde da transformación da galería C5 Colección, que se divide en dúas sedes: esta en Santiago e outra na Habana. Reforzando o diálogo iberoamericano. A dirección seguirá a cargo de Concha Fontenla, e Antonio Cervera é o subdirector.

A sede en Santiago establécese nun edificio do século XVII de cinco plantas (1.250 m. cadrados), e será un espazo expositivo e residencia de artistas. Esta iniciativa non é nova, xa que continúa a labor de A Chocolataría (un proxecto que durou 15 meses, entre setembro de 2005 e decembro de 2006). Non só por vincular o proxecto artístico coa arquitectura (nesta ocasión é unha casona do XVII, coa Chocolataría recuperouse a antiga fábrica de chocolates Raposo da cidade), senón tamén pola maneira de achegar e, o que é máis importante, implicar ós estudantes, novos artistas e á xente en xeral, na ARTE contemporánea. Uns proxectos que se adaptan aos novos medios e aos novos tempos.

A Chocalataría gustoume dende a mesma inauguración, e non me defraudou; mesmo cando botaron o peche, sentín que tamén se pechaba unha parte da cultura compostelá (e pensar que estragaron tal edificio ao facelo unha tenda de roupa…………).

A Factoría bota a andar hoxe coa exposición: ¿Que é o que fai os espellismos de hoxe tan diferentes, tan atractivos?. A arte do engano é o núcleo desta.

…………

Hoy se inaugura en Compostela una nueva forma de mirar el Arte: Factoría.

Este espacio de experimentación y creación contemporánea, surge de la transformación de la galería C5 Colección, que se divide en dos sedes: esta en Santiago y otra en la Habana. Reforzando el diálogo iberoamericano. La dirección seguirá a cargo de Concha Fontenla, y Antonio Cervera es el subdirector.

La sede en Santiago se establece en un edificio del siglo XVII de cinco plantas (1.250 m. cuadrados), y se empleará como espacio expositivo y residencia de artistas. Esta iniciativa no es nueva, ya que continúa la labor de A Chocolataría (un proyecto que duró 15 meses, entre septiembre de 2005 y diciembre de 2006). No sólo por vincular el proyecto artístico con la arquitectura (en esta ocasión es una casona del XVII, con la Chocolataría se recuperó la antigua fábrica de chocolates Raposo de la ciudad), sino también por la forma de acercar y, lo que es más importante, implicar a los estudiantes, nuevos artistas y a la gente en general, en el ARTE contemporáneo. Unos proyectos que se adaptan a los nuevos medios y a los nuevos tiempos.

A Chocalataría me gustó desde la misma inauguración, y no me defraudó; incluso cuando echaron el cierre, sentí que también se cerraba una parte de la cultura compostelana (y pensar que desperdiciaron tal edificio al convertirlo en una tienda de ropa…………).

A Factoría echa a andar hoy con la exposición: ¿Qué es lo que hace a los espejismos de hoy tan diferentes, tan atractivos?. El arte del engaño es el núcleo de esta exposición.



Feira cultural AchegArte! na Corunha

Este sábado comeza na Corunha a feira da cultura galega AchegArte!, xurdida trala negativa da X(J)unta a reeditar o CulturGal (de volta xa!). Dous días pra disfrutar de música, teatro, danza, literatura, obradoiros… Todo feito en Galiza! Palexco e o Kiosko Alfonso serán as sedes desta marabillosa oportunidade de enchouparse de CULTURA galega.

Tenho unha suxestión, esta feira da cultura debería rotar por toda Galiza… O que daría por ver a cara de Gloria Lago (aviso: este link levaravos á páxina oficial de Galicia Bilingüe, a cal pode ferir gravemente a vosa intelixencia, ou ponhervos de moi mala hostia), cunha feira de CULTURA GALEGA  na súa cidade… O ano próximo en VIGO!!!

Deixo o programa completo de actividades.

…………

Este sábado comienza en A Coruña la feria de la cultura gallega AchegArte!, surgida tras la negativa de la X(J)unta a reeditar el CulturGal (de vuelta ya!). Dos días para disfrutar de música, teatro, danza, literatura, talleres… Todo hecho en Galicia! Palexco y el Kiosko Alfonso serán las sedes de esta maravillosa oportunidad de empaparse de CULTURA gallega.

Tengo una sugerencia, esta feria de la cultura debería rotar por toda Galicia… Lo que daría por ver la cara de Gloria Lago (aviso: este link os llevará a la página oficial de Galicia Bilingüe, la cual puede herir gravemente vuestra inteligencia, o poneros de muy mala hostia), con una feria de CULTURA GALEGA en su ciudad… El próximo año en VIGO!!!

Dejo el programa completo de actividades.

Funky galego en Tui: Phantom Club

Os que esteades preto de Tui, non vos perdades manhá, a gravación do segundo disco dos Phantom Club que farán en directo no Teatro Área Panorámica da mencionada cidade. Pra máis alicientes, estarán acompanhados de Ariel Rot ou Andy Chango, entre outros.

Phantom Club son unha ponte entre Vigo, Tui e Bos Aires, fusionando funk-rock, cantado en castelán e cun gran directo, que lles serviu pra ganhar o premio ao Mellor Grupo en Directo do ano en Galiza, dado polo Maketón Estrella Galicia.

As entradas pódense adquirir no www.culturatui.info ao prezo de tres e cinco euros.

…………

Los que estéis cerca de Tui, no os perdáis mañana, la grabación del segundo disco de los Phantom Club que harán en directo en el Teatro Área Panorámica de la mencionada ciudad. Para más alicientes, estarán acompañados de Ariel Rot o Andy Chango, entre otros.

Phantom Club son una puente entre Vigo, Tui y Buenos Aires, fusionando funk-rock, cantado en castellano y con un gran directo, que les servió para ganar el premio al Mejor Grupo en Directo del año en Galicia, dado por el Maketón Estrella Galicia.

Las entradas pueden adquirirse en www.culturatui.info al precio de tres y cinco euros.

Sónar 2010 na Galiza!

Por mor da celebración do Xacobeo’10, o Festival Sónar (Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia), fará unha edición especial simultánea entre a habitual Barcelona e A Corunha.

Siiiiiiiii !!!!! A mellor nova que me deu nunca un discípulo da X(J)unta.

As datas confirmadas deste gran acontecemento son o 17, 18 e 19 de xunho. Ata entón (posta en marcha a conta atrás), percorreremos o Caminho de Santiago con dúas pantasmas, que saíron do Sónar’09, ata que cheguen a nosa terra. Trátase dunha longametraxe chamada Finisterre, estructurada en 6 capítulos e un epílogo, coa que a imaxe do Sónar 2010 vincúlase a Galiza.

Devezo por que cheguen xa!!

Ademais, tamén teremos por aquí ó Cirque du Soleil, a Mayumaná, ó pianista chino Lang Lang ou a Mark Knopfler. E aínda quedan nomes por saír…

…………

Con motivo de la celebración del Xacobeo’10, el Festival Sónar (Festival Internacional de Música Avanzada y Arte Multimedia), hará una edición especial simultánea entre la habitual Barcelona y A Coruña.

Siiiiiiiii !!!! La mejor noticia que me dio nunca un discípulo de la X(J)unta.

Las fechas confirmadas de este gran acontecimiento son el 17, 18 y 19 de junio. Hasta entonces (puesta en marcha la cuenta atrás), recorreremos el Camino de Santiago con dos fantasmas, que salieron del Sónar’09, hasta llegar a nuestra tierra. Se trata de un largometraje llamado Finisterre, estructurado en 6 capítulos y un epílogo, con el que la imagen del Sónar 2010 se vincula a Galicia.

Deseo que lleguen ya!!

Además, también tendremos por aquí al Cirque du Soleil, a Mayumaná, al pianista chino Lang Lang o a Mark Knopfler. Y aún quedan nombres por salir…

Visitas obrigadas

Grandes exposicións, de obrigada visita, dan a benvida a un prometedor outono cultural na nosa terra.

Man ray coat Man Ray, Coat Stand, 1921

Por unha parte, a exposición en torno a figura de Man Ray (Emanuel Radnitzky), que recolle non só fotos, senón tamén debuxos, esculturas, lenzos, obxectos … Que fan dela, a meirande realizada en Espanha. Debido a isto, está distribuída en dúas cidades: no Centro Social Caixanova en Ourense e no Centro Social Caixanova en Pontevedra.

Imprescindible exposición dun artista de peso no desenrolo da arte contemporánea.

Ata o 25 de Outubro de 2009.

Cabeza de negra 1946 Maruja Mallo, Cabeza de negra, 1946

Na Casa das Artes en Vigo, unha exhaustiva mostra sobre a pintora galega Maruja Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995);  destacada representante do surrealismo, e unha das claves da vangarda espanhola de comezos do século XX.

Xunto a súa obra, tamén hai fotografías e publicacións da época, que permiten un achegamento biográfico e un minucioso seguemento o seu formidable traballo.

Ata o 10 de xaneiro de 2010.

irreversible Irreversible. Dobre cara da colección Sánchez Ubiría

Grande e boa exposición que conta con algúns dos artistas de maior relevancia internacional das últimas décadas. En total son obras de 42 artistas, escollidas da colección do matrimonio formado por Marga Sánchez e Sebastían Ubiría. A mostra é unha síntese das distintas miradas do matrimonio, unha racional e outra máis sentimental. Ambos forman un equilibrio e por iso se mostran as dúas partes.

No Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 15 de novembro de 2009.

………………

Grandes exposiciones, de visita obligada, dan la bienvenida a un prometedor otoño cultural en nuestra tierra.

le violon d'Ingres Le violon d’Ingres, Man Ray, 1924

Por una parte, la exposición en torno a la figura de Man Ray (Emanuel Radnitzky), que recoge no sólo fotos, sino también dibujos, esculturas, lienzos, objectos … Que hacen de ella, la mayor realizada en España. Debido a esto, está distribuída en dos ciudades: en el Centro Social Caixanova en Ourense y en el Centro Social Caixanova en Pontevedra.

Imprescindible exposición de un artista de peso en el desarrollo del arte contemporáneo.

Hasta el 25 de Octubre de 2009.

Estampa_Escaparate_1927 Estampa (Escaparate), Maruja Mallo, 1927

En la Casa das Artes en Vigo, una exhaustiva muestra sobre la pintora gallega Maruja Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995); destacada representante del surrealismo, y una de las claves de la vanguardia española de comienzos del siglo XX.

Junto a su obra, también hay fotografías y publicaciones de la época, que permiten un acercamiento biográfico y un minucioso seguimiento a su formidable trabajo.

Hasta el 10 de enero de 2010.

IRREVERSIBLE Irreversible. Doble cara de la colección Sánchez Ubiría

Gran y buena exposición que cuenta con algunos de los artistas de mayor relevancia internacional de las últimas décadas. En total son obras de 42 artistas, escogidas de la colección del matrimonio formado por Marga Sánchez y Sebastían Ubiría. La muestra es una síntesis de las distintas miradas del matrimonio, una racional y otra más sentimental. Ambos forman un equilibrio y por eso se muestran las dos partes.

En el Pazo da Cultura de Pontevedra hasta el 15 de noviembre de 2009.


O FestiClown chega a ViGo!

logo2009_gl

A gran festa do humor, clown e maxia instálase en Vigo e da comezo este lúns. Ademáis cunha edición especial, xa que conmemoran os 10 anos do seu nacemento co lema: 10 anos non son nada.

Pero ademáis de ledicia en rúas, prazas e teatros pra tódolos públicos, tamén se impartirán cursos no FormaClown, dende un Curso de Bufón (con Philippe Gaulier), ata un que impartirá Leo Bassi titulado: Na procura da nosa identidade cómica, pasando por un Curso de Clown pra mulleres.

E todo sen esquecer o seu carácter solidario, xa que a recaudación destinarase íntegramente, a proxectos sociais en Palestina.

Deixo o programa e a disfrutalo!

…………..

La gran fiesta del humor, clown y magia se instale en Vigo y empieza este lunes. Además con una edición especial, ya que conmemoran los 10 años de su nacimiento con el lema: 10 años no son nada.

Pero además de alegría en calles, plazas y teatros para todos los públicos, también se impartirán cursos en el FormaClown, desde un Curso de Bufón (con Philippe Gaulier), hasta uno que impartirá Leo Bassi titulado: En la búsqueda de nuestra identidad cómica, pasando por un Curso de Clown para mujeres.

Y todo sin olvidar el carácter solidario, ya que la recaudación se destinará íntegramente, a proyectos sociales en Palestina.

Dejo el programa y a disfrutarlo!