Arquivo da categoría: Cultura

Volven os mestres: Castelao e Seoane.

Dúas mostras, A derradeira lección do mestre no Museo Provincial de Lugo e A configuración do posible na Fundación Luis Seoane d’A Corunha, devólvennos as leccións dos mestres da Cultura Galega nun momento moi necesario…

Castelao por Pacheco.

A primeira, adicada a Castelao, céntrase nunha etapa concreta deste gran escritor, pintor e mestre do nacionalismo; a que vai dende 1936 a 1950. Prodúcese por mor do 60 aniversario da súa morte… Poderase ollar ata o 10 de xullo. Visita obrigada pra rememorar a unha das figuras máis importantes da historia deste país.

Seoane por Anatole B. Saderman.

A segunda conmemora os 100 anos do nacemento doutro estandarte da cultura nacional, ademais de pintor, ilustrador, escritor e editor: Luis Seoane. Ese é motivo que leva a Fundación co seu mesmo nome a facerlle unha homenaxe, revisando en profundidade a colección do artista, sen esquecer ningunha das actividades ás que lle adicou a súa vida… Outra mostra obrigada pra gabar a súa xenialidade e o seu compromiso coa cultura e co país.

Nunca debemos esquecer a incontable valía do que temos, da nosa Cultura, nin aos que loitaron por ela, e aos que agora suplimos…

Advertisement

Visitas obrigadas 3.0

Pano de fondo. Achegamento á fotografía de estudio de 1880 a 1960, é o título da exposición que nos achega aos retratos da xente dese período, a través da cámara de fotógrafos coma Ksado, Pacheco, Pintos, Ramón Caamaño ou Pedro Rey. Nela cruzaremos a mirada cos galegos do século pasado e poderemos ver a evolución deste xénero, o retrato de estudio, mediante os  diferentes panos de fondo por exemplo (empregados pra idealizar a escena, e nos que se pode apreciar o nivel económico do fotógrafo e dos retratados). Unha ollada directa á Galiza vestida coas súas mellores roupas.

A exposición está comisariada polos fotógrafos e estudosos deste xénero Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal (directores do Centro de Estudos Fotográficos). Estará no Centro Cultural Caixanova de Vigo ata o 24 de Maio (despois irá ao de Ourense, Santiago, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra).

Día Mundial do Teatro

Vari Caramés, Serie Escenarios.

O pasado sábado 27 de Marzo foi o Día Mundial do Teatro. Pasou o día, pero non o motivo da celebración; xa que o teatro está vivo, e é necesario pra vida humana tódolos días…

Esta conmemoración foi creada en 1961, polo Instituto Internacional do Teatro (ITT), con sede en Viena. A data do 27 de Marzo débese ao día no que se inaugurou o Festival Teatro das Nacións en París, que reúne a representantes de todos os países do mundo.

Por mor disto, o 25 de Marzo publicouse o Manifesto Galego do día do Teatro, feito pola escritora María Xosé Queizán; e deulle lectura pública na Gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares.

Reproduzo o texto:

Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine…Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector produtivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflito, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflitos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espacio de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.

A Muller na Arte Galega II

María Antonia Dans, Paisaxe, 1980.

  • María Antonia Dans Boado, (María Antonia Dans): Oza dos Ríos, Corunha 1922 – Madrid 1988. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Corunha, e no Círculo de Belas Artes e a Escola de San Fernando de Madrid, onde se trasladou tralo seu casamento, a principios dos cincuenta, e residiu o resto da súa vida. Pero a verdadeira formación e influenza na súa obra, recibiuna na Galiza rural da súa xuventude: eses lugares, cores e experiencias, marcarán a súa traxectoria artística. Así, a súa temática vincularase a Galiza, a súa paisaxe e os seus paisanos. Nunha pintura figurativa e paisaxística (sentiuse próxima a Benjamín Palencia), cun estilo deliberadamente inxenuo, elemental e colorista (con ecos fauvistas), que algúns achegan ao naif. Pero en realidade, é un neoexpresionismo intimista e sinxelo dun mundo, que nos achega a unha infancia feliz… Obtivo unha longa lista de exposicións, bolsas e premios. E a súa obra está en Madrid e en tódolos museos de Galiza.

María Victoria de la Fuente, La nevada, 1972.

  • María Victoria de la Fuente Alonso, (María Victoria de la Fuente): Vigo, 1927 – Madrid, 2009. Dunha familia de arquitectos, formouse en Madrid, onde a partires de 1945 pasa tempadas, asiste ó estudio do pintor Julio Moisés e é alumna libre da Academia de San Fernando. Viaxa a París, ós Países Baixos e a Italia, onde conhece as obras dos grandes mestres da pintura. Obtivo diversos premios, coma o da crítica en 1962, pola súa exposición individual no Ateneo; ou a terceira e segunda medallas Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967, respectivamente, entre outros. En 1964 casou co pintor Máximo de Pablo, e vai vivir ao Levante. A súa obra caracterízase por uns ambientes exquisitos, misturando a atmosfera e os obxectos, con cores dourados ocres e carmíns atenuados, onde sen pode apreciar un debuxo magnífico e unha gran técnica. Cun estilo expresionista e unha gran execución, a súa obra fai dela unha das grandes figuras da pintura espanhola contemporánea. Está representada en Madrid, Galiza e noutros moitos  museos de Espanha, Europa e América.

Mercedes Ruibal, A bebedora de asente, 1973.

  • Mercedes Ruibal Argibay, (Mercedes Ruibal): Santo Andrés de Xeve, 1928 – Vigo, 2003. Dunha familia de artistas (filla de pintora, irmá do dramaturgo José Ruibal e esposa do pintor e arquitecto Agustín Pérez Bellas), emigrou a Bos Aires cuns vinte anos, onde comezou a pintar baixo a guía de Laxeiro (artista que marcará a súa obra futura). No ano 57 retorna a Vigo, e tamén vai a Madrid, onde se encontra con outros artistas e intelectuais, coma Rafael Alberti, que lle adicou un poema. A súa pintura achégase primeiro a Laxeiro e despois a Rouault, pasou dun primitivismo naif, a un expresionismo feroz, con formas dun románico popular, con tendencias denunciadoras. Onde predominan o vermello, o azul e o negro. Realizou exposicións en numerosas cidades de España, Italia e Sudamérica. E é autora dunha novela que ten por título Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al fondo. A súa pintura atópase en Madrid, Nicaragua e Chile, ademais de en tódolos museos de Galicia.

Elena Gago, El piano, 1990.

  • María Elena Fernández Gago, (Elena Gago): A Corunha, 1940? A súa data de nacemento non se conhece. Inicialmente formouse na súa cidade natal; máis tarde foi a Madrid á Escola de Belas Artes de San Fernando e ó Círculo de Belas Artes. A partires dun realismo minucioso e perfeccionista, crea un mundo onírico baleiro e silandeiro, construído xeometricamente, con cores suaves e luces febles; cos que consegue humanizar os obxectos. Tamén publicou pequenos ensaios sobre temas de arte e pronunciou conferencias. Expuxo en numerosas cidades, tamén estranxeiras, coma Munich e Bruxelas. Está representada en museos de Galicia e en importantes coleccións do estranxeiro.

Manolo Paz nun Mar de Pedra

Un Mar de Pedra é o documental que se proxectou no Play Doc, e que ten coma protagonista ao artista galego Manolo Paz.

Unha ollada á intimidade do proceso creativo do escultor: dende que vai á canteira a pola súa prezada materia prima, ata que expón as obras, no ano 2007, na Galería SCQ (onde tiven o inmenso pracer de formar parte… Ollando, coidando e gozando das obras de Manolo Paz, entre moitos outros).

Deixo uns teaser do documental, que nos achegan a un artista único.

…………

Un Mar de Pedra es el documental que se proyectó en el Play Doc, y que tiene como protagonista al artista gallego Manolo Paz.

Una mirada a la intimidad del proceso creativo del escultor: desde que va a la cantera a por su preciada materia prima, hasta que expone las obras, en el año 2007, en la Galería SCQ (donde tuve el inmenso placer de formar parte… Mirando, cuidando y disfrutando de las obras de Manolo Paz, entre muchos otros).

Dejo unos teaser del documental, que nos acercan a un artista único.

Comeza o Play Doc en Tui

Hoxe ás 20 horas, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comeza a VI edición do festival internacional de documentais galego: Play Doc.

Dunha maneira modesta pero moi ben elaborada, os organizadores seguen co seu compromiso ca calidade e cos documentais de autor. E así, nesta edición traen a Jay Rosenblatt e a Raymond Depardon, dúas referencias internacionais nesta materia.

Mais, este festival cada vez máis grande (exhibirán 31 filmes), e importante (mesmo a organización da Berlinale púxose en contacto cos directores do certame pra colaborar entre eles); tamén se fixa no carácter multidisciplinar do xénero, e a súa relación coas outras artes. Deste xeito, o programa complétase cos concertos de Batida e The Spinto Band. Ademais das exposicións do pintor Antón Lamazares e o escultor Manolo Paz…

Unha auténtica gozada de programación! A darlle ao Play!

Pra máis información a súa páxina e a do Facebook.

…………

Hoy a las 20 horas, en el Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comienza la VI edición del festival internacional de documentales gallego: Play Doc.

De una manera modesta pero muy bien elaborada, los organizadores siguen con su compromiso con la calidad y con los documentales de autor. Y así, en esta edición traen a Jay Rosenblatt y a Raymond Depardon, dos referencias internacionales en esta materia.

Pero, este festival cada vez más grande (exhibirán 31 películas), e importante (incluso la organización de la Berlinale se puso en contacto con los directores del certamen para colaborar entre ellos); también se fija en el carácter multidisciplinar del género, y su relación con otras artes. De esta manera, el programa se completa con los conciertos de Batida y The Spinto Band. Además de las exposiciones del pintor Antón Lamazares y el escultor Manolo Paz…

Una auténtica gozada de programación! A darle al Play!

Para más información su página y la del Facebook.

Alt10 Festival Alternativo en Vigo

Ata o vindeiro sábado 20 de Marzo celébrase o Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, Alt10.

Xa vai pola novena edición, e case perdo a gran oportunidade de participar neste festival (comezou o pasado día 11), que trae outras formas e experiencias escénicas (un total de 12 espectáculos), que un grupo de xente amantes do teatro, decidiron achegar a Vigo. Pra agradecerlles semellante esforzo e agasallo, nada mellor que asistir as súas representacións.

Deixo a programación do que aínda estamos a tempo de ollar, pero xa pasaron polas rúas da cidade, ou por institucións coma o MARCO ou a Casa das Artes companhías chegadas de Francia (Etxea, Café Kash), Andalucía (Histrión) ou Madrid (Mone Penela, Elena Córdoba).

O venres 19 haberá unha sesión especial con proxectos galegos. Carolina Fernández, Alfonso Rivera, Uxía P. Vaello e Borja Fernández, achegarán os seus traballos procedentes de distintas artes como danza, circo e teatro.

Non perdades a oportunidade de asistir a algún espectáculo. As entradas pódense mercar aquí.

Xoves 18 de marzo

MARCO

20h

Sleepwalk Collective…..(Euskadi y GB)

“As The Flames Rose We Danced To The Sirens, The Sirens”

CASA DAS ARTES

21.30h

Cía Ertza (Euskadi)

“Zoo (bestias trajeadas)”

Venres 19 de marzo

“Especial Galicia presenta”

MARCO

20h

Carolina Fernández

“Arquitecturas interiores”

CASA DAS ARTES (1º ANDAR)

19h

Alfonso Rivera

“Water spring (silent drama)”

CASA DAS ARTES (planta baixa)

21.30h

Uxía P. Vaello e Borja Fernández

“Renwid, fantasías en 1987”

Sábado 20 de marzo

MARCO

20h.

Cía Vero Cendoya (Cataluña)

“Bodegones de un alma”

CASA DAS ARTES

21.30h

Cía Mandaito Producciones (Andalucia)

“Días, pasan, cosas”

Domingos musicais: Leilía

Xa sería un luns musical, pero pra min estas horas son unha prolongación do domingo…

Por mor do festexo do Día Internacional da Muller, elixín un grupo só composto por elas; en concreto, por seis mulleres. Seis voces perfectas, que levan en cada nota tradicións e Cultura… No son outras que o grupo de cantareiras-pandereiteiras compostelás: Leilía.

Leilía naceu no ano 1989, cun fin moi claro: recoller as coplas tradicionais galegas dunha maneira moi respectuosa, pra traelas aos nosos días. Mulleres que se mergullan nas vellas raíces da nosa Cultura, e que axudan a que non queden no esquecemento. Mais, non se quedan aí, xa que  a tradición mistúrana con sons e instrumentos contemporáneos.

Esta canción chámase Vai dando a volta, e pertence ao seu terceiro traballo: Madama (2003). Disco no que colabora coas súas verbas Suso de Toro.

Leilía transpórtanos coa súa música, ao que nos dá identidade coma pobo.

…………

Ya sería un lunes musical, pero para mi estas horas son una prolongación del domingo…

Con motivo de la celebración del Día Internacional de la Mujer, elegí un grupo sólo compuesto por ellas; en concreto, por seis mujeres. Seis voces perfectas, que llevan en cada nota tradiciones y Cultura… No son otras que el grupo de cantareras-pandereteras compostelanas: Leilía.

Leilía nació en el año 1989, con un fin muy claro: recoger las coplas tradicionales gallegas de una manera muy respetuosa, para traerlas a nuestros días. Mujeres que se sumergen en las viejas raíces de nuestra Cultura, y que ayudan a que no queden en el olvido. Pero, no se quedan ahí, ya que la tradición la mezclan con sonidos e instrumentos contemporáneos.

Esta canción se llama Vai dando a volta, y pertenece a su tercer trabajo: Madama (2003). Disco en el que colabora con sus palabras Suso de Toro.

Leilía nos transporta con su música, a lo que nos da identidad como pueblo.

A Muller na Arte Galega I

Por mor da proximidade do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de Marzo, quero adicarlles unhas poucas verbas (tendo en conta tódalas que merecen), un modesto reconhecemento do seu gran labor (que aínda non se fai), e abrir unha pequena fiestra, á inmorredoira lembranza dos traballos da Muller na Arte Galega…

Outra razón que me leva a facer este artigo, é a discriminación existente no mundo da arte. Porque a diferencia doutros ámbitos profesionais que se feminizaron en gran medida, non ocorre o mesmo no sistema laboral da arte…

Mais… Tentando deixar nun lado as trabas por ser muller neste aínda mundo de homes, imos facer unha viaxe polo tempo ata hoxe, centrándonos só na obra destas mulleres, pero dándolle aínda máis valor se cadra… Non están tódalas que son, pero tentarei abarcar o máis posible…

María Corredoyra, Retrato de campesina, 1912

  • María Carmen Corredoira (María Corredoyra): A Corunha 1893 – 1970. Pertence á Xeración de 1916. Retratista de estilo Rexionalista, rematará pintando exclusivamente interiores conventuais cheos de melancolía, nos que prescinde da figuración humana. Mistura o realismo coa espiritualidade. En 1936 foi nomeada Membro directivo da Asociación de Artistas Corunhesa, e en 1938 foi elixida Membro de Número da Real Academia Provincial de Belas Artes da Corunha… A súa obra pódese apreciar no Museo Quinhones de León de Vigo, na Colección Caixanova e no Museo Provincial de Lugo.

Legísima, En familia, 1940

  • Carmen Rodrígez de Legísima (Legísima): Lousado, Ourense 1896 – Vigo 1980. Pintora chea de espiritualidade (barroca) e sinxeleza (realista), cunha paleta colorida e de pincelada grosa, con predominio do retrato e do bodegón na súa temática. No ano 1943 obtén a medalla de prata por Minha irmá na Exposición Nacional de Belas Artes, e no Salón de Outono de 1968 obtén a primeira medalla. En 1987 créase o Premio de Mulleres Pintoras que leva o seu nome… Enrique Lafuente Ferrari dixo que é «La Solana femenina» (polo seu debuxo firme e como torpe). Legísima é unha figura clave da Arte Galega. A súa obra pódese atopar no Quinhones de León de Vigo, e en coleccións institucionais (Caixanova) e particulares.

Maruja Mallo, Dúas mulleres na praia, 1928

  • Maruja Mallo (Ana María Gómez González, en realidade): Viveiro, Lugo 1902 – Madrid 1995. Sen dúbida, é a artista galega máis reconhecida do século XX. A súa obra pódese definir coma xenial , e fáltanme verbas pra clasificala (tanto é directa, coma simple ou complexa, racial ou sutilísima), pois mergullouse nas vangardas e deixouse levar por tódolos –ismos (futurismo, surrealismo…), pero sen perder de vista a arte popular. É difícil atopar unha etapa longa e uniforme… A súa mistura particular de todo iso, deu lugar a súa obra… Ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando, e relacionouse cos poetas e artistas máis vangardistas do país, coma García Lorca, Buñuel, Dalí, Benjamín Palencia, Concha Méndez ou Rafael Alberti (moi importante na súa vida)… Polo que foi unha das protagonistas da marabillosa creatividade que se viviu na Espanha de finais dos anos vinte, ata a Guerra Civil… Dende 1928 ata 1931 forma parte da Escuela de Vallecas, achégase ao surrealismo, e dará lugar á serie Cloacas e campanarios. De 1932 ao 34 vai a París cunha bolsa de estudios do Ministerio de Instrucción Pública. A súa volta dá un novo xiro ao seu estilo, cun predominio do xeométrico (as series Arquitecturas minerais e Arquitecturas vexetais). Tivo un gran compromiso coa República, e ao estalar a Guerra Civil marchou a Bos Aires, onde prosegue coa súa faceta artística facendo varias series Retratos bidimensionais (rostros femininos de fronte e perfil), Bailarinas, Máscaras, Arquitecturas e Naturezas vivas. Volveu a Espanha nos anos sesenta, e recibiu a Medalla de Ouro de Belas Artes no 1982. Está representada en museos de todo o mundo, en Espanha, en Europa, en América, de Norte a Sur… Isto só é un resumo da súa brillante vida e obra. Deberá ter un artigo pra ela soa.

Xulia Minguillón, A Fonte, primeira metade S. XX

  • Julia Minguillón Iglesias (Xulia Minguillón): Lugo 1906 – Madrid 1965. Unha das escasas artistas galegas que conseguiu resonancia nacional, tamén é unha das poucas mulleres espanholas que logrou primeira medalla na Nacional de Belas Artes, no ano 1941, pola súa obra A escola de Doloriñas… En 1923 consegue unha bolsa de estudos da Deputación, coa que vai a Madrid, e cando estala a guerra, volve á seguridade da casa paterna de Vilanova de Lourenzá, de reconhecida filiación dereitista. Viviu en Vigo dende 1948 e Madrid en 1961 (onde morreu)… A súa pintura adecuábase ao gusto estético da posguerra. Traballou coa paisaxe, os retratos (de prestixiosos personaxes da sociedade galega, ou encargos da sociedade acomodada), escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. Ten un bo dominio técnico, hai un claro protagonismo feminino, e pinta unha realidade branca (sen miseria nin amargura)… Forma parte das mulleres académicas da Real Academia Galega. Podemos achegarnos a súa obra en museos como o Provincial de Lugo.

Aínda hai moitas artistas das que falar, pero continuarei noutro artigo…

Mostra de teatro: Teatrofilia

Os amantes do teatro estamos de en hora boa, xa que a partires do vindeiro 5 de Marzo, Vedra será a capital das artes escénicas, porque comeza a sétima edición de Teatrofilia.

Esta Mostra de Teatro está organizada pola Asociación Cultural Papaventos (traballando pola Cultura dende 1988), e traerán case vinte agrupacións de teatro, na súa maioría afeccionado, chegadas dende toda Galiza e mesmo Portugal; e actuarán tódolos venres, sábados e domingos do mes de marzo, na Casa da Terceira Idade.

Arrincará con A cantante calva de Andaravía Teatro, e canda eles estarán por exemplo: Quemaisten Teatro, o grupo da USC, Teatro Escoitade, Tangatutanga Teatro ou os portugueses Coelima. Ademais, o 27 de Marzo (Día Mundial do Teatro), celebrarase unha Gran Festa Teatreira, tralo pasarrúas da companhía Andaravía.

É unha oportunidade marabillosa de gozar do teatro, e a un prezo pra tódolos petos (as entradas para cada unha das funcións custan 2 euros e o bono para toda a mostra só 5 euros), que non debemos perder.

Deixo a descrición completa do cartel:

  • Andaravía Teatro, A cantante calva. 5 de marzo ás 21.15 horas. Na xornada seguinte, á mesma hora, Teatro Coelima (Portugal), representará Falar verdade a mentir. O domingo, Teatro do Morcego, coa obra Saltimbanquis, ás 19.15 horas.
  • Na seguinte fin de semana, pasarán polo escenario: Quemaisten Teatro, Teatro Escoitade e Tangatunga Teatro. O venres 19 será a quenda das agrupacións locais, con Teatro do Menos Un e con Tira e Afloxa Teatro. Esa fin de semana tamén estará a agrupación Carrachanacha. Pecharán o ciclo, o grupo da USC e Tarumba Teatro.

Se queredes saber máis, tamén están no Facebook.

…………

Los amantes del teatro estamos de enhorabuena, ya que a partir del próximo 5 de Marzo, Vedra será la capital de las artes escénicas, porque comienza la séptima edición de Teatrofilia.

Esta Mostra de Teatro está organizada por la Asociación Cultural Papaventos (trabajando por la Cultura desde 1988), y traerán casi veinte agrupaciones de teatro, en su mayoría aficionado, llegadas desde toda Galicia e incluso Portugal; actuarán todos los viernes, sábados y domingos del mes de marzo, en la Casa da Terceira Idade.

Arrancará con A cantante calva de Andaravía Teatro, y junto a ellos estarán por ejemplo: Quemaisten Teatro, el grupo de la USC, Teatro Escoitade, Tangatutanga Teatro o los portugueses Coelima. Además, el 27 de marzo (Día Mundial del Teatro), se celebrará una Gran Festa Teatreira, tras el pasacalles de la compañía Andaravía.

Es una oportunidad maravillosa de disfrutar del teatro, y a un precio para todos los bolsillos (las entradas para cada una de las funciones cuestan 2 euros y el bono para toda la muestra sólo 5 euros), que no debemos perder.

Dejo la descripción completa del cartel:

  • Andaravía Teatro, A cantante calva. 5 de marzo a las 21.15 horas. En la jornada siguiente, a la misma hora, Teatro Coelima (Portugal), representarán Falar verdade a mentir. El domingo, Teatro do Morcego, con la obra Saltimbanquis, a las 19.15 horas.
  • En el siguiente fin de semana, pasarán por el escenario: Quemaisten Teatro, Teatro Escoitade y Tangatunga Teatro. El viernes 19 será el turno de las agrupaciones locales, con Teatro do Menos Un y con Tira e Afloxa Teatro. Ese fin de semana también estará la agrupación Carrachanacha. Cerrará el ciclo, el grupo de la USC y Tarumba Teatro.

Si queréis saber más, también están en el Facebook.