Arquivo da categoría: Curtas

Animación galega

Tres propostas moi diferentes de como facer animación, e que contar, pero con algo en común: están feitas na Galiza.

A primeira é a curtametraxe cómica O Raio Transparente, de Francisco Lapeña; onde dende un punto de vista fantástico, empregando personaxes e iconas da cultura popular galaica (coma dous clásicos do santoral: os San Benitinhos de Lérez e o de Paredes, que se enlean nunha pelexa ancestral pola supremacía milagreira, é o feito argumental da curta), os protagonistas (un mexillón e unha landra), representan a cultura da costa e do interior da Galiza.

As voces resultaranvos familiares. Son as de Miguel de Lira e Víctor Mosqueira. Ademais do esqueleto… Pasou polo Festival de Cans e o de Ourense, entre outros.

A segunda é O Pintor de Ceos. Curta incrible dun debutante: Jorge Morais (Vigo, 1981), da que se encargou por completo (director, produtor, guionista, animador, editor, técnico de son…), o que lle da máis mérito se cadra. Está catalogada no xénero de terror, pero en realidade é un drama fantástico feito dunha maneira exquisita, na que sobresae a ambientación, inspirada na paisaxe costeira galega. Cóntanos a triste historia dun marinheiro que perde a súa familia nunha tempestade, e pra resarcilo emprega a pintura, tentando remediar as incesantes tormentas…

Recibiu moitos premios, coma o Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación. Deixo só unha parte, xa que a orixinal dura case 25’…

A derradeira polo momento, é Leo do impresionante Fernando Cortizo e a súa produtora Artefacto Producións. Esta curta forma parte dunha serie de misterio de 13 episodios titulada Sombras na noite. Ten a mesma estética e técnica (Claymation ou Plastimación coa colaboración de varios actores galegos, que prestan as súas caras e maila voz, pra darlle vida ós personaxes de plastilina, ademais do emprego de decorados), que axinha veremos n’O Apóstolo (filme coa mesma autoría).

Neste caso Cortizo, cóntanos a historia de Víctor, un ventrílocuo no termo da súa carreira, obsesionado co fracaso, o esquecemento e o seu boneco. No Youtube está en castelán, se queredes ver a versión orixinal en galego e en mellor calidade aquí.

Advertisement

Comeza o Play Doc en Tui

Hoxe ás 20 horas, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comeza a VI edición do festival internacional de documentais galego: Play Doc.

Dunha maneira modesta pero moi ben elaborada, os organizadores seguen co seu compromiso ca calidade e cos documentais de autor. E así, nesta edición traen a Jay Rosenblatt e a Raymond Depardon, dúas referencias internacionais nesta materia.

Mais, este festival cada vez máis grande (exhibirán 31 filmes), e importante (mesmo a organización da Berlinale púxose en contacto cos directores do certame pra colaborar entre eles); tamén se fixa no carácter multidisciplinar do xénero, e a súa relación coas outras artes. Deste xeito, o programa complétase cos concertos de Batida e The Spinto Band. Ademais das exposicións do pintor Antón Lamazares e o escultor Manolo Paz…

Unha auténtica gozada de programación! A darlle ao Play!

Pra máis información a súa páxina e a do Facebook.

…………

Hoy a las 20 horas, en el Teatro Municipal Área Panorámica de Tui, comienza la VI edición del festival internacional de documentales gallego: Play Doc.

De una manera modesta pero muy bien elaborada, los organizadores siguen con su compromiso con la calidad y con los documentales de autor. Y así, en esta edición traen a Jay Rosenblatt y a Raymond Depardon, dos referencias internacionales en esta materia.

Pero, este festival cada vez más grande (exhibirán 31 películas), e importante (incluso la organización de la Berlinale se puso en contacto con los directores del certamen para colaborar entre ellos); también se fija en el carácter multidisciplinar del género, y su relación con otras artes. De esta manera, el programa se completa con los conciertos de Batida y The Spinto Band. Además de las exposiciones del pintor Antón Lamazares y el escultor Manolo Paz…

Una auténtica gozada de programación! A darle al Play!

Para más información su página y la del Facebook.

A Xinecóloga

A Xinecóloga é unha curta galega que vén de ganhar a V Edición do Festival de Curtas New York City Downtown coma mellor curta latina, entre moitos outros (uns 14 en total), e está rodada en galego! Haberá a quen lle estranhe…

O director é Alfonso Camarero (A Corunha, 1972), é o seu primeiro filme, cun guión de seu, técnicos e actores galegos (Con Camila Bossa, colombiana de nacemento e arraigada en Galiza, que fai da xinecóloga e tamén premiada polo papel), e producida cunha subvención da consellería de cultura.

A sinopse é a experiencia dunha xinecóloga que pasa consulta no seu hospital como tódolos días. Mais a seguinte paciente…¡é un rapaz! Trátase de contar unha historia absurda dunha maneira realista, o resultado, como di o propio director, é unha comedia kafkiana. E á vez, unha reflexión sobre as convencións sociais e a alienación burocrática.

…………

A Xinecóloga es un corto gallego que acaba de ganar la V Edición del Festival de Cortos New York City Downtown como mejor corto latino, entre muchos otros (unos 14 en total), y está rodada en gallego! Habrá a quien le extrañe…

El director es Alfonso Camarero (A Corunha, 1972), es su primera película, con guión propio, técnicos y actores gallegos (Con Camila Bossa, colombiana de nacimiento y arraigada en Galicia, hace de la ginecóloga y también premiada por el papel),y producida con una subvención de la concejalía de cultura.

La sinopsis es la experiencia de una ginecóloga que pasa consulta en su hospital como todos los días. Pero la seguiente paciente…¡es un hombre! Se trata de contar una historia absurda de una manera realista, el resultado, como dice el propio director, es una comedia kafkiana. Y a la vez una reflexión sobre las convencines sociales y la alienación burocrática.

A Nena Que Tinha Unha Soa Orella (La Niña Que Tenía Una Sola Oreja)

Allegra é a protagonista de A Nena Que Tinha Unha Soa Orella. Ten 5 anos e aprenderá a aceptar e a respectar as diferencias entre as persoas. E nós con ela, a través desta curtametraxe de animación, baseada nun conto de Lucía Etxebarría (La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña), e nas ilustracións de Víctor Coyote.

Pra facer a adaptación non escatimaron en recursos técnicos: dende monifates, collages e sombras chinescas, ata técnicas máis avanzadas coma Stop Motion, 3D e CGI.

Foi rodada en Ferrol e Narón baixo a dirección de Álvaro León e a produción do ferrolán Rubén Coca. Tivo o seu pre-estreo no Festival de Cans, pasou por AniMadriD, CurtoCircuito09, entre outros, e recentemente recibiu o premio á Mellor Videocreación na Mostra de Videocreación do Condado (MIVICO09).

…………

Allegra es la protagonista de La Niña Que Tenía Una Sola Oreja. Tiene 5 años y aprenderá a aceptar y a respetar las diferencias entre las personas. Y nosotras/os con ella, a través de este cortometraje de animación, basado en un cuento de Lucía Etxebarría (La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña), y en las ilustraciones de Víctor Coyote.

Para hacer la adaptación no escatimaron en recursos técnicos: desde marionetas, collages y sombras chinas, hasta técnicas más avanzadas como Stop Motion, 3D e CGI.

Fue rodada en Ferrol y Narón bajo la dirección de Álvaro León y la producción del ferrolano Rubén Coca. Tuvo su pre-estreno en el Festival de Cans, pasó por AniMadriD, CurtoCircuito09, entre otros, y recientemente recibió el premio a la Mejor Videocreación en la Mostra de Videocreación do Condado (MIVICO09).


“Minotauromaquia”

Minotauromaquia: Pablo no labirinto ou como facer animación de calidade en Galicia.

Dirixida por Juan Pablo Etcheverry (Uruguai, 1975), e producida por IB Cinema (Xosé Zapata e Ignacio Benedeti), conseguíu unha gran repercusión internacional e numerosos premios. E a min encántame …

Feita mediante a técnica Stop Motion (levou un ano de traballo), a plastilina mistúrase con debuxos, óleos e desenhos do propio Etcheverry. A curta está inspirada no mito do labirinto do Minotauro e na obra de Pablo Picasso. Unha historia sobre a creatividade e as decisións do artista, chea de metáforas e imaxes impactantes, onde o pintor é perseguido polos seus personaxes nun labirinto …

Hoxe en día cando pensamos no Minotauro, está máis ligado a Picasso que ó mito grego, xa que é un personaxe constante na súa obra nos anos 30 (no Guernica, o concepto e o significado do minotauro transfírese ó touro). Ser a medio caminho entre un home e unha besta, nel conflúen o Apolíneo e o Dionisíaco, o racional e o impulsivo. Picasso fixo de él o eco da súas propias vivencias e estados psíquicos.

minotauropicassoMinotauromaquia. (París, 1935. Impreso  posible junio 1936). Aguafuerte, raspador y buril sobre plancha de cobre sobre papel Vergé de Montval.    34,9 x 69,3 cm.

Minotauromaquia: Pablo en el laberinto o cómo hacer animación de calidad en Galicia.

Dirigida por Juan Pablo Etcheverry (Uruguay, 1975), y producida por IB Cinema (Xosé Zapata e Ignacio Benedeti), consiguió una gran repercusión internacional y numerosos premios. Y a mi me encanta …

Hecha mediante la técnica Stop Motion (hizo falta un año de trabajo), la plastilina se mezcla con dibujos, óleos y diseños del propio Etcheverry. El corto está inspirado en el mito del laberinto del Minotauro y en la obra de Pablo Picasso. Una historia sobre la creatividad y las decisiones del artista, llena de metáforas e imágenes impactantes, donde el pintor es perseguido por sus personajes en un laberinto …

Hoy en día cuando pensamos en el Minotauro, está más ligado a Picasso que al mito griego, ya que es un personaje constante en su obra en los años 30 (en el Guernica, el concepto y el significado del minotauro se transfiere al toro). Ser a medio camino entre un hombre y una bestia, en él confluyen lo Apolíneo y lo Dionisíaco, lo racional y lo impulsivo. Picasso hizo de él, el eco de sus propias vivencias y estados psíquicos.

minotauro picasso

Minotauro acariciando una mujer dormida. (También titulado Minotauro acariciando con el hocico la mano). Aguafuerte sobre plancha de cobre sobre papel Vergé de Montval. 3o x 37 cm.