Rosalía de Castro
Tal coma as nubes que leva o vento, i agora asombran, i agora alegran os espacios inmensos do ceo, así as ideas loucas que eu tenho, as imaxes de múltiples formas de estranas feituras, de cores incertos, agora asombran, agora acraran, o fondo sin fondo do meu pensamento.
Arquivo da categoría: pOlíTiCa
Feijóo, un discurso memorable e… O viño?
O presidente da X(J)unta, cada vez deixa máis claro (el só), a súa verdadeira categoría; á altura do seu admirado mestre: José María Aznar.
Nesta ocasión, probablemente baixo o influxo destas verbas máxicas que San Aznar pronunciou nunha oda ao viño: “¿Quién te ha dicho a ti, las copas de vino que yo tengo o no tengo que beber?”… O acólito Feijóo, déixanos abraiados, cun discurso non menos importante, nunha cea solidaria a prol das vítimas do terremoto de Haití en Boqueixón (non nun acto organizado polas xuventudes populares. Alí había organizacións e colectivos sen relación co PP)… Agora entendo os comentarios que aderezan o discurso…
Tamén o deixo transcrito (vía Galicia Confidencial).
“Boas noites a todos e a verdade é que me sinto moi orgulloso (entre o público: “cala a boca, home”) de ver o futuro de Galicia (risos no público: “cagho en dios”). E o futuro de Galicia está aquí (alguén do público: “vas bo, vas bo”)…. Se vos calades sigo falando…Gracias (Público: “que chulería”) Me dice María Meira que vos caledes un pouco que estou falando eu… Moitas gracias. De verdade que agradezo moito que vos sintades orgullosos de participar na defensa dos intereses xerais de Galicia. De ser dunha forma de pensar, de ser duns principios e duns valores que combatir. Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG non serían nin peores nin mellores. Serían distintos. (entre o público: “bueno·). Se foran do PSOE, case todos eles estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio (entre o público: non se ve moito pero é ghuapo”). Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén….(Público: “non, apenas!”). Y por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana. Bueno, voy a ser breve porque he quedado con María Meira a partir de la una a tomar una copa…Yo voy a intentarlo. De momento me dijo que no pero lo voy intentar. (entre o público: “un sinverghuenza, é un pallaso. Había que rebentarlle a cara por dicir….). Me siento muy orgulloso de estar entre milintantes, de decir que soy del PP, que creo en la libertad y que la gente que está aquí es gente con la que me identifico, que no es dogmática, que está dispuesta a aprender todos los días y que cree en la reforma constante de la sociedad. Y después de dar todo el discurso, sé que lo que estais pensando es tomar el postre y marcharos al pabellón de ahí que va a haber música (un do público: “fala inglés, oh!”). Por lo tanto, me comprometo, si Adolfo y todo la gente que lo ayuda, el director general de Juventud, todos los concejales de Boqueixón que nos acompañan y del resto de los ayuntamientos de la zona, si organizan una fiesta de verdad, si no me mienten y me dicen que va ser una fiesta hasta las 6 de la mañana, yo me comprometo a ir a esa fiesta. Al día siguiente no puede haber ninguna agenda política. No tengo que ir a Bayona o a Orense y, al día siguiente, lo que me comprometo es a saludaros en la hora del desayuno. Y de aquí hasta que se organice la fiesta yo voy a seguir hablando con María Mera a ver si tengo alguna posibilidad. Muchas gracias.”
:-O Así me quedei…
Sácanse varias conclusións:
- As argucias sexuais do presidente (eses comentarios á tal María Mera, deberían ser estudados por algún zoólogo xa), evidencian as súas necesidades e o por qué delas… Así non obterás nada Feijóo (e moito mellor, non queremos que a especie Feijóo medre…)
- Feijóo “facíalle as beiras” a unha actriz galega chamada María Mera, nada en 1986… Coitada onde se foi meter…
- Esa insólita retranca… Ese “como somos del PP podemos hablar castellano cuando nos da la gana”, nin o gran Gila o superaría… Deixa claro que o viño do Boqueixón e moi bo!
- Como lles gusta deturpar o idioma aos galegófobos. Esas insufribles verbas ignorantes Orense e BaYona, feren a sensibilidade de calquera lido/a…
- A verdadeira conclusión é moi triste… Estas demostracións da infinita estupidez humana, deixan aínda máis claro o goberno de pailáns que temos. Estes pailáns son os que queren levarnos á incultura e a marxinación e desaparición do que é noso: a fala e a Cultura que nos fixo ser nós… E aínda crerán que imos calar!
O PP e os enchufes
Pachi Vázquez e Baltar pai
É ben sabido que por terras dos Baltar (tamén conhecidas coma Ourense), hai unha gran afección pola electricidade, e máis en concreto, polos enchufes… A maior parte deles son de tipo múltiple. Así, segundo unha lista presentada polo Secretario Xeral do PSdeG, Manuel Vázquez (ou Pachi Vázquez), hai uns 300 enchufados na Deputación de Ourense, dos que case 90, son familiares de cargos políticos da provincia… O mesmo José Luís Baltar, ex presidente do PP de Ourense, da exemplo, ao ser substituído polo seu fillo, José Manuel Baltar…
O senhor Vázquez presentou unha lista con nomes e apelidos, dos supostos cargos públicos elixidos a dedo… Se cadra, amosar o evidente agora, debeuse a unha rabecha por mor da fuxida do número dous do PSdeG na provincia de Ourense, Eladio Fernández, ao PP (20 anos de militancia socialista… Que sinxelo é mudar de principios, cando non os hai…). Un tránsfuga sempre doe (que llo pregunten a Rafael Simancas, e á senhora Democracia…). Pero iso non lle resta importancia a tal barbaridade, como é lucrarse con dinheiro público e pasar por enriba dos nosos dereitos… O caciquismo non morre, namentres o deixemos vivir!
…………
Es bien sabido que por tierras de los Baltar (también conocidas como Ourense), hay una gran afición por la electricidad, y más en concreto, por los enchufes… La mayor parte de ellos son de tipo múltiple. Así, según una lista presentada por el Secretario General del PSdeG, Manuel Vázquez (o Pachi Vázquez), hay unos 300 enchufados en la Diputación de Ourense, de los que casi 90, son familiares de cargos políticos de la provincia… El mismo José Luís Baltar, ex presidente del PP de Ourense, da ejemplo, al ser substituído por su hijo, José Manuel Baltar…
El señor Vázquez presentó una lista con nombres y apellidos, de los supuestos cargos públicos elegidos a dedo… Si cabe, enseñar lo evidente ahora, se debió a una pataleta por la huída del número dos del PSdeG en la provincia de Ourense, Eladio Fernández, al PP (20 años de militancia socialista… Que sencillo es cambiar de principios, cuando no los hay…). Un tránsfuga siempre duele (que se lo pregunten a Rafael Simancas, y a la señora Democracia…). Pero eso no le resta importancia a tal barbaridad, como es lucrarse con dinero público y pasar por encima de nuestros derechos… El caciquismo no muere, mientras lo dejemos vivir!
Etiquetado Baltar,Eladio Fernández,enchufados,Ourense,Pachi Vázquez,PSdeG
Feijóo Manstesoiras: a tesoirazos coa lingua
A X(J)unta Feijóo, segue empregando as súas tesoiras corta-linguas. E a minha séguena afiando…
A súa teima obsesiva coa fala, chega ao perigoso punto da extorsión e mesmo á ameaza. A mafia feijoista (ou feixista, como prefirades), está empregando tódalas súas armas pra aniquilar o galego. Agora é a quenda das oposicións…
Hai uns días o deputado do BNG Bieito Lobeira, leu unha carta da X(J)unta enviada aos concellos, co obxectivo de suprimir os exames de galego nos procesos de selección de persoal… O PP escudouse na nova Lei de Función Pública, que polo visto, permite substituír a proba de galego nas oposicións por un certificado oficial de conhecemento deste idioma… Outra lei antigalega.
Pregúntome unhas cousinhas… Se é unha misiva informativa, ¿por que omiten a parte da lei que enuncia que se poden realizar probas en galego?, e outra cousa, ¿onde queda o meu dereito coma cidadá a recibir atención da Administración nun dos idiomas oficiais da Galiza. Repito: nun dos idiomas oficiais da Galiza?…
Mais, se as cousas non podían cheirar peor… O asinante desas cartas de amor, non é outro que o director xeral da Administración Local, José Norberto Uzal Tresandi, tamén conhecido coma: candidato da Falange Española Independiente ás eleccións ao Parlamento Europeo en 1994. Un falanxista máis na Xunta…
Outro tesoirazo a nosa lingua, vén co anteproxecto da Lei do Comercio Interior de Galicia, que recolle a liberdade absoluta no emprego do idioma nos comercios…
O perfil de dereita dura e espanholista da nova Junta de Feijóo xa non ten máscaras nin vergonha… Medo dá tanto radicalismo xenófobo sen freo, que tan só nun ano, xa ten ao galego ben magoado. Ora que, máis medo dá o silencio informativo nestes temas. Silencio cómplice, pólvora das ideas rancias e miserables do des-goberno de Feijó09…
A mafia de Feijóo, xunto a Uzal e o senhor Roberto Varela ao fondo…
…………
La X(J)unta Feijóo, sigue empleando sus tijeras corta-lenguas. Y la mía la siguen afilando…
Su manía obsesiva con el idioma, llega al peligroso punto de la extorsión e incluso a la ameaza. La mafia feijoista (o fascista, como prefiráis), está empleando todas sus armas para aniquilar el gallego. Ahora es el turno de las oposiciones…
Hace unos días el diputado del BNG Bieito Lobeira, leyó una carta de la X(J)unta enviada a los ayuntamientos, con el objetivo de suprimir los exámenes de gallego en los procesos de selección de personal… El PP se escudó en la nueva Ley de Función Pública, que por lo visto, permite substituír la prueba de gallego en las oposiciones por un certificado oficial de conocimiento de este idioma… Otra ley antigallega.
Me pregunto unas cositas… Si es una misiva informativa, ¿por qué omiten la parte de la ley que enuncia que se pueden realizar pruebas en gallego?, y otra cosa, ¿dónde queda mi derecho como ciudadana a recibir atención de la Administración en uno de los idiomas oficiales de Galicia. Repito: en uno de los idiomas oficiales de Galicia?…
Pero, si las cosas no podían oler peor… El firmante de esas cartas de amor, non es otro que el director general de la Administración Local, José Norberto Uzal Tresandi, también conocido como: candidato de la Falange Española Independiente a las elecciones al Parlamento Europeo en 1994. Un fascista más en la X(J)unta…
Otro tijerazo a nuestra lengua, viene con el anteproyecto de la Ley del Comercio Interior de Galicia, que recoge la libertad absoluta en el empleo del idioma en los comercios…
El perfil de derecha dura y españolista de la nueva Junta de Feijóo ya no tiene máscaras ni vergüenza… Miedo da tanto radicalismo xenófobo sin freno, que tan sólo en un año, ya tiene al gallego bien magullado. Ahora que, más miedo da el silencio informativo en estos temas. Silencio cómplice, pólvora de las ideas rancias y miserables del des-gobierno de Feijó09…
A Xunta, os coches e os embustes do PP
Hai un perigoso virus solto na Xunta, que afecta a todo aquel a quen se lle dea o poder de des-gobernarnos. Un dos nefastos síntomas (sobre todo pra as arcas públicas), é un repentino e insostible afán consumista… polos coches!
O primeiro en denunciar este feito, foi o auto-proclamado transparente e austero, Feijó’O9. Cando, alá polo mes de marzo do pasado ano, fíxonos saber (mesmo acadou moitos votos… Os que perderon outros), da tendencia ao luxo do goberno do bipartito; xa que, ademais das reformas nos despachos, soubemos do gusto de Touriño polos audis… Pero, este novo heroe dunha aínda abundante representación rancia do noso país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; coma soe pasar nestes casos, esqueceu dicirnos toda a verdade…
Eses audis malditos, dos que intenta desfacerse dende que é o Presidente (pero non hai maneira, aconséllolle Ebay senhor Feijó’o), resulta que foron mercados, case na súa totalidade, polo goberno de Fraga! (as datas de matriculación revelan que foron adquiridos entre o 2000 e o 2005…). Vaia, que cousas. Nada, seguro que as lagoas mentais só foron outro síntoma dese virus-Xunta, neste caso por afán de proximidade…
Mais, isto non é todo. Ese virus sen piedade, atacou mesmo a moral intacta e eunuca do Presidente Feijó’o, facéndolle ter dúas! Un claro síntoma, xa dunha infección grave, é a dobre moral. Por mor diso, dende hai menos dun ano que chegou a Xunta, Feijó’O9 xa gastou 6,328 millóns de euros na adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!
Endemonhado virus!! Que fixeches coa austeridade e a transparencia do noso Feijó’o?!?!
Só podo dicir unha cousa: embusteiros! Ademais declarouse satisfeito cos seus gastos e, polo tanto, coas súas falacias…….. E aínda ten as narices de xactarse diso……..
E o peor é que haberá quen os queira e os crea así e todo…
…………
Hay un peligroso virus suelto en la Xunta, que afecta a todo aquel a quien se le de el poder de des-gobernarnos. Uno de los nefastos síntomas (sobre todo para las arcas públicas), es un repentino e inaguantable afán consumista… ¡por los coches!
El primero en denunciar este hecho, fue el auto-proclamado transparente y austero, Feijó’O9. Cuando, allá por el mes de marzo del pasado año, nos contó (incluso consiguió muchos votos… Los que perdieron otros), de la tendencia al lujo del gobierno del bipartito; ya que, además de las reformas en los despachos, conocimos el gusto de Touriño por los audis… Pero, este nuevo héroe de una aún abundante representación rancia de nuestro país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; como suele pasar en estos casos, olvidó decirnos toda la verdad…
Esos audis malditos, de los que intenta deshacerse desde que es el Presidente (pero no hay forma, le aconsejo Ebay señor Feijó’o), resulta que fueron comprados, casi en su totalidad, por el gobierno de Fraga! (las fechas de matriculación revelan que fueron adquiridos entre el 2000 y el 2005…). Vaya, que cosas. Nada, seguro que las lagunas mentales sólo fueron otro síntoma de ese virus-Xunta, en este caso por afán de proximidad…
Pero, esto no es todo. Ese virus sin piedad, atacó incluso la moral intacta y eunuca del Presidente Feijó’o, haciendo que tenga dos! Un claro síntoma, ya de una infección grave, es la doble moral. Por eso, desde hace menos de un año que llegó a la Xunta, Feijó’O9 ya gastó 6,328 millóns de euros en la adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!
Endemoniado virus!! ¿Qué hiciste con la austeridad y la transparencia de nuestro Feijó’o?!?!
Sólo puedo decir una cosa: embusteros! Además se declaró satisfecho con sus gastos y, por lo tanto, con sus falacias…… Y aún tiene las narices de jactarse de ello……..
Y lo peor de todo es que habrá quien los queira y los crea aún así…
Etiquetado coches Xunta,Feijó'o,gastos Xunta,mentiras
Ferrín na RAG
Ferrín guiando ao pobo galego (que me perdoe Delacroix… E Ferrín)
Dende o pasado 23 de xaneiro, temos oficialmente novo presidente na RAG (Real Academia Galega), e non é outro que o gran Xosé Luis Méndez Ferrín. Xa se sabía de antemán, porque foi o único candidato que se presentou; e realmente, o único que o podería ser, nestes tempos de plurilingüismo, inmersións e ataques varios á Cultura.
Desta maneira, señor Ferrín, acollémolo cos brazos abertos, coa esperanza intacta, e con maiores folgos se cadra, tralas súas primeiras palabras no novo cargo, asegurando unha defensa férrea do galego, e dándolle continuidade (continuísmo, é o resumo nas súas palabras, do seu mandato), ao documento Unha lingua para todos (publicado pola RAG o 17 de maio de 2009), no que se explica a postura da entidade: arredar a lingua galega da controversia partidaria, o impulso do multilingüísmo, a reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, e o compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica na que todos os cidadáns tenhan dereitos e deberes co castelán e co galego. Que ben soa todo iso!
A RAG xa tachou o decretazo de inaceptable, e Ferrín tamén deixou clara a postura nada máis chegar: estamos en contra deste decreto radical porque somos conservadores…
E non está só neste caminho en lexítima defensa do galego e da Cultura, somos moitos os que temos que recorrelo, pero non ven mal un bo voceiro. E tan bo é, que a dereita máis rancia, embusteira e ignorante deste país, xa ven de tentar meter a súa sucia man, na reputación do escritor, faltándolle ao respecto coas súas mentiras. A el e á intelixencia de todos nós.
Un exemplo, é o artigo da Libertad Digital (xa sei que vindo deste lugar non se pode agardar outra cousa), titulado así: Un independentista próximo a Batasuna, nuevo presidente de la Real Academia Gallega. E quedaron tan anchos! Xa sabemos que se non pensamos coma eles somos uns etarras! Advirto que o texto enteiro pode provocar acedía estomacal ou botar unhas boas gargalladas.
Debido a súa ideoloxía de esquerda independentista quiso deixar claro: Non venho aquí a facer política senón galeguismo, e que a minha posición política e ética de moitos anos, de servir no que poida a Galicia e a algo tan valioso como o seu idioma… Que así sexa.
Cando a Cultura se desfaga do lastre da política, aprenderemos a gozala e a valorar o que temos.
…………
Foto de familia da RAG, con Ferrín abaixo no centro
Desde el pasado 23 de enero, tenemos oficialmente nuevo presidente en la RAG (Real Academia Galega), y non es otro que el gran Xosé Luis Méndez Ferrín. Ya se sabía de antemano, porque fue el único candidato que se presentó; y realmente, el único que lo podría ser, en estos tiempos de plurilingüismo, inmersiones y ataques varios a la Cultura.
De esta manera, señor Ferrín, lo acogemos con los brazos abiertos, con la esperanza intacta, y con mayores fuerzas si cabe, tras sus primeras palabras en nuevo cargo, asegurando una defensa férrea del gallego, y dándole continuidad (continuísmo, es el resumen en sus palabras, de su mandato), al documento Unha lingua para todos (Una lengua para todos, publicado por la RAG el 17 de mayo de 2009), en el que se explica la postura de la entidad: separar la lengua gallega de la controversia partidaria, el impulso del multilingüísmo, la reafirmación y desarrollo del Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, y el compromiso de impulsar una cooficialidad simétrica en la que todos los cidadanos tengan derechos y deberes con el castellano y con el gallego. ¡Qué bien suena todo eso!
La RAG ya tachó el decretazo de inaceptable, y Ferrín también dejó clara su postura nada más llegar: estamos en contra de este decreto radical porque somos conservadores…
Y no está solo en este camino en legítima defensa del gallego y de la Cultura, somos muchos los que tenemos que recorrerlo, pero no viene mal un buen portavoz. Y tan bueno es, que la derecha más rancia, embustera y ignorante de este país, ya intenta meter su sucia mano, en la reputación del escritor, faltándole al respeto con sus mentiras. A él y a la inteligencia de todos nosotros.
Un ejemplo, es el artículo de la Libertad Digital (ya sé que viniendo de este lugar no se puede esperar otra cosa), titulado así: Un independentista próximo a Batasuna, nuevo presidente de la Real Academia Gallega. Y quedaron tan anchos! Ya sabemos que si no pensamos como ellos somos unos etarras! Advierto que el texto entero puede provocar acidez estomacal o echar unas buenas carcajadas.
Debido a su ideología de izquierda independentista quiso dejar claro: No vengo aquí a hacer política sino galleguismo,y que mi posición política y ética de muchos años, de servir en lo que pueda a Galicia y a algo tan valioso como su idioma… Que así sea.
Cuando la Cultura se deshaga del lastre de la política, aprenderemos a gozarla y a valorar lo que tenemos.
Publicado en Cultura, Galiza, Lingua, pOlíTiCa, Voces
Etiquetado decreto galego,RAG,Xosé Luis Méndez Ferrín
Queremos Galego!
Brétema, bico, parrulo, bágoa, avelaíña, pomba, meniño, fervenza, caxato, panxoliña, berce, axóuxere, orballo, ar, xanela, aperta, labrego, fermoso, vagalume, lambiscada, enxebre, saudade, quérote, ledicia, bolboreta, colo, celme, arume, silandeira… Hai un tempo, por medio dun xornal, buscábanse as palabras máis fermosas do noso idioma. Procura absurda ao meu ver, xa que non atopo verbas galegas que non o sexan.
O pasado 21 de xaneiro, decenas de miles de concienciados coa Lingua, coa Cultura, alzaron a súa voz polo dereito a vivir en galego.
Dereito, outra palabra tan fermosa coma maltratada. É dicir, saímos pra protexer os nosos dereitos. A nosa lingua, que coma galegos nos pertence, nos fai e nos enche.
Obriga, esta tamén me gusta. Obrigación dos gobernos, sexan das cores que sexan, de respectar ao pobo que representan, de respectar a normalización lingüística, a Carta Europea das Linguas e o Estatuto de Autonomía. ¿Un goberno está por enriba deses nosos dereitos fundamentais?
Respecto, esta só perde a súa beleza se a menosprezan. Respecto a nosa Historia, ás nosas Voces pasadas, as nosas tradicións, aos nosos avós, aos nosos fillos. ¿A arrogancia e prepotencia deste des-goberno tenta poder con todo iso?
Brétema, bico, parrulo, bágoa, avelaíña, pomba, meniño, fervenza, caxato, panxoliña, berce, axóuxere, orballo, ar, xanela, aperta, labrego, fermoso, vagalume, lambiscada, enxebre, saudade, quérote, ledicia, bolboreta, colo, celme, arume, silandeira… Hace un tiempo, por medio de un periódico, se buscaban las palabras más hermosas de nuestro idioma. Búsqueda absurda a mi parecer, ya que no encuentro palabras gallegas que no lo sean.
El pasado 21 de enero, decenas de miles de concienciados con la Lengua, con la Cultura, alzaron su voz por el derecho a vivir en gallego.
Derecho (Dereito, otra palabra tan hermosa como maltratada). Es decir, salimos para proteger nuestros derechos. Nuestra lengua, que como gallegos nos pertenece, nos hace y nos llena.
Obligación (Obriga, esta también me gusta). Obligación de los gobiernos, sean de los colores que sean, de respetar al pueblo que representan, de respetar la normalización lingüística, la Carta Europea de las Lenguas y el Estatuto de Autonomía. ¿Un gobierno está por encima de estos nuestros derechos fundamentales?
Respeto (Respecto, esta sólo pierde su belleza si la menosprecian). Respeto a nuestra Historia, a nuestras Voces pasadas, a nuestras tradiciones, a nuestros abuelos, a nuestros hijos. ¿La arrogancia y prepotencia de este des-gobierno intenta poder con todo eso?
Publicado en Cultura, Galiza, Lingua, pOlíTiCa, Voces
Etiquetado Manifestación 21 xaneiro,Obradoiro,palabras fermosas galegas,Queremos Galego
O BNG tamén corrompe o idioma
É unha vergonha. Non se pode cualificar doutra maneira esta guía dos despropósitos. Trátase do xeito que os concellos de Cangas, Moanha e Bueu (concellos gobernados polo BNG), tenhen de lanzar unha campanha de promoción do turismo: editando 3.000 guías desatinadas! Que só se poden explicar dende a ignorancia e o desdén…
Tal catalogación á mencionada guía, vén polo atropelo á toponimia e mesmo á RAG. Xa que, como se pode apreciar na foto, aparece unha Península DEL Morrazo (o DEL é moi empregado), un BaYona, e inclusive, un incorrecto San Xenxo (confeso que é moito máis acertado co insufrible sanjenjo, mais…). Por outra parte, publicarase só en castelán…
Con todo isto asáltanme moitas dúbidas…
- Como pode ser que o Bloque promova unha guía sen versión en galego? Non imos turistas galegos O Morrazo? Non son os responsables de protexer e promover o galego?? Non me doería tanto que só fora en castelán se polo menos estivera ben feita…
- Quen é o autor de tal cousa? E por extensión, quen ten tal ignorancia do lugar? É que a mandaron facer en MadriD?
- Non houbo ninguén nas tres concellerías que tivera tempo ou un pouco de interese pra revisala? Se o fixeron, dálles igual??
- Se me pregunta algún turista extraviado e lle falo de O Morrazo, BaIona, Sanxenxo e Rías Baixas, entenderame?
- Cando deixarán de deturpar a nosa toponimia?? De mudarlle o verdadeiro nome aos concellos??
- O seguinte paso do BNG é darlle a man a Gloria Lago e a súa Galicia Bilingüe??
Coido que esta guía nunca chegue as nosas mans, por respecto e sentido común.
…………
Es una vergüenza. No se puede calificar de otra manera esta guía de los despropósitos. Se trata del modo que los ayuntamientos de Cangas, Moaña y Bueu (ayuntamientos gobernados por el BNG), tienen de lanzar una campaña de promoción del turismo: editando 3.000 guías desatinadas! Que sólo se pueden explicar desde la ignorancia y la indiferencia…
Tal catalogación a la mencionada guía, viene por el atropello a la toponimia e incluso a la RAG. Ya que, como se puede apreciar en la foto, aparece una Península DEL Morrazo (el DEL es muy empleado), un BaYona, e inclusive, un incorrecto San Xenxo (confieso que es mucho más acertado que el insufrible sanjenjo, pero…). Por otra parte, se publicará sólo en castellano…
Con todo esto me asaltan muchas dudas…
- ¿Cómo puede ser que el Bloque promueva una guía sin versión en gallego? ¿No vamos turistas gallegos a O Morrazo? ¿No son los responsables de proteger y promover el gallego?? No me dolería tanto que sólo fuera en castellano si por lo menos estuviera bien hecha…
- ¿Quién es el autor de tal cosa? Y por extensión, ¿quién tiene tal ignorancia del lugar? ¿Es que la mandaron hacer en MadriD?
- ¿No hubo nadie en los tres ayuntamientos que tuviera tiempo o un pouco de interés para revisarla? Si lo hicieron, ¿les da igual??
- Si me pregunta algún turista extraviado y le hablo de O Morrazo, BaIona, Sanxenxo y Rías Baixas, ¿me entenderá?
- ¿Cuándo dejarán de distorsionar nuestra toponimia?? ¿De cambiarle el verdadero nombre a los municipios??
- ¿El siguiente paso del BNG es darle la mano a Gloria Lago y a su Galicia Bilingüe??
Espero que esta guía nunca llegue a nuestras manos, por respeto y sentido común.
Manifesto ”En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”
Manuel Vilariño, A la aurora, papel Endura sobre aluminio, 2005.
Por mor do proxecto da nova Lei de Economía Sostible, que inclúe unha Lei de Servizos da Sociedade de Información, isto é, o peche das webs de descargas sen necesidade de autorización xudicial. E trala vergonzosa audiencia (por certo, que hai verdadeiros traballadores coma gandeiros, que nin levando os tractores á capital conseguen tal privilexio…), do ministro Sebastián cos que menos deben queixarse (cantantes que pese ás descargas ilegais ganhan máis ca antes), subscríbome ao Manifesto pra protexer os meus dereitos:
- Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns espanhois o acceso a calquera páxina web.
- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico espanhol, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.
- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non provenhen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
- Os autores, como todos os traballadores, tenhen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a esta nova contorna non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.
- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e alcanzables e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.
- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en Espanha, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de face ao futuro.
- Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e consultando previamente a todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
…………
Con motivo del proyecto de la nueva Ley de Economía Sostenible, que incluye una Ley de Servicios de la Sociedad de Información, esto es, el cierre de las webs de descargas sin necesidad de autorización judicial. Y tras la vergonzosa audiencia (por cierto, que hay verdaderos trabajadores como ganaderos, que ni llevando los tractores a la capital consiguen tal privilegio…), del ministro Sebastián con los que menos deben quejarse (cantantes que pese a las descargas ilegales ganan más que antes), me adhiero al Manifesto para proteger mis derechos:
- Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.
- La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial -un organismo dependiente del ministerio de Cultura-, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.
- La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.
- La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.
- Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.
- Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.
- Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.
- Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.
- Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.
- En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia.
Zas! En toda a boca dos galegófobos II
Outra patada no cu a des-política lingüística da actual X(J)unta de Galiza.
Desta volta a razoable e ata demorada reprimenda, ven dende Bruselas. Concretamente do Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages) Axencia Europea pra as Linguas Minorizadas), que pedirá á X(J)unta que ponha fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego, e ameaza coa denuncia internacional.
Deixo o texto do EBLUL e a información íntegra de A Mesa pola Normalización Lingüística.
TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLUL:
O Comité do Estado espanhol do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages – Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza pra lle trasladar as seguintes solicitudes:
- Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.
- Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.
Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.
- Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.
…………
Otra patada en el culo a la des-política lingüística de la actual Junta de Galicia.
Esta vez la razonable y hasta demorada reprimenda, viene desde Bruselas. Concretamente del Comité del Estado español del EBLUL (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages), que pedirá a la Junta que ponga fin a las iniciativas que tomó en los últimos meses en contra del idioma gallego, y amenaza con la denuncia internacional. Agencia Europea para las Lenguas Minorizadas
Dejo el texto del EBLUL y la información íntegra de A Mesa pola Normalización Lingüística.
TEXTO DE LA RESOLUCIÓN DEL EBLUL:
El Comité del Estado español del EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages – Agencia Europea de las Lenguas Minorizadas), reunido en Barcelona el 26 de noviembre de 2009, ACUERDA dirigirse a la Xunta de Galicia para trasladarle las siguintes solicitudes:
- Animamos al Gobierno gallego a que desenvuelva una política lingüística de promoción y extensión social de la lengua propia de Galicia, poniedo fin a las iniciativas que tomó en los últimos meses en contra del idioma gallego en los diferentes ámbitos.
- Informamos a la Xunta de Galicia de que las medidas adoptadas contra la lengua gallega desde el pasado mes de abril suponen una vulneración de tratados internacionales sobre derechos lingüísticos subscritos por el Estado español, como el Pacto internacional de derechos civiles y políticos o la Carta Europea de Lenguas Regionales o minoritarias.
En este sentido, resulta de especial gravedad que el Gobierno gallego no tuviese en cuenta el último informe que el Comité de Expertos del Consejo de Europa emitió hace apenas unos meses sobre la situación lingüística de Galicia. No es sólo que no se pusiese en marcha ninguna de las medidas recomendadas para cumplir la Carta europea, sino que se desmantelaron algunos de los proyectos más aplaudidos por el Consejo de Europa, como las Galescolas, que era la única red de enseñanza infantil que contemplaba con normalidad el uso del gallego en canciones y juegos.
- Si la Xunta continuara con su política de desprotección de los derechos de la comunidad lingüística gallega y de incumplimento de los tratados internacionaless sobre derechos lingüísticos, desde el Comité de Estado del EBLUL trasladaremos esta situación a los diferentes foros internacionales en que se encuentra presente.