Arquivo por etiquetas: Feijó’o

Feijóo, un discurso memorable e… O viño?

O presidente da X(J)unta, cada vez deixa máis claro (el só), a súa verdadeira categoría; á altura do seu admirado mestre: José María Aznar.

Nesta ocasión,  probablemente baixo o influxo destas verbas máxicas que San Aznar pronunciou nunha oda ao viño: “¿Quién te ha dicho a ti, las copas de vino que yo tengo o no tengo que beber?”… O acólito Feijóo, déixanos abraiados, cun discurso non menos importante, nunha cea solidaria a prol das vítimas do terremoto de Haití en Boqueixón (non nun acto organizado polas xuventudes populares. Alí había organizacións e colectivos sen relación co PP)… Agora entendo os comentarios que aderezan o discurso…

Tamén o deixo transcrito (vía Galicia Confidencial).

“Boas noites a todos e a verdade é que me sinto moi orgulloso (entre o público: “cala a boca, home”) de ver o futuro de Galicia (risos no público: “cagho en dios”). E o futuro de Galicia está aquí (alguén do público: “vas bo, vas bo”)…. Se vos calades sigo falando…Gracias (Público: “que chulería”) Me dice María Meira que vos caledes un pouco que estou falando eu… Moitas gracias. De verdade que agradezo moito que vos sintades orgullosos de participar na defensa dos intereses xerais de Galicia. De ser dunha forma de pensar, de ser duns principios e duns valores que combatir. Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG non serían nin peores nin mellores. Serían distintos. (entre o público: “bueno·). Se foran do PSOE, case todos eles estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio (entre o público: non se ve moito pero é ghuapo”). Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén….(Público: “non, apenas!”). Y por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana. Bueno, voy a ser breve porque he quedado con María Meira a partir de la una a tomar una copa…Yo voy a intentarlo. De momento me dijo que no pero lo voy intentar. (entre o público: “un sinverghuenza, é un pallaso. Había que rebentarlle a cara por dicir….). Me siento muy orgulloso de estar entre milintantes, de decir que soy del PP, que creo en la libertad y que la gente que está aquí es gente con la que me identifico, que no es dogmática, que está dispuesta a aprender todos los días y que cree en la reforma constante de la sociedad. Y después de dar todo el discurso, sé que lo que estais pensando es tomar el postre y marcharos al pabellón de ahí que va a haber música (un do público: “fala inglés, oh!”). Por lo tanto, me comprometo, si Adolfo y todo la gente que lo ayuda, el director general de Juventud, todos los concejales de Boqueixón que nos acompañan y del resto de los ayuntamientos de la zona, si organizan una fiesta de verdad, si no me mienten y me dicen que va ser una fiesta hasta las 6 de la mañana, yo me comprometo a ir a esa fiesta. Al día siguiente no puede haber ninguna agenda política. No tengo que ir a Bayona o a Orense y, al día siguiente, lo que me comprometo es a saludaros en la hora del desayuno. Y de aquí hasta que se organice la fiesta yo voy a seguir hablando con María Mera a ver si tengo alguna posibilidad. Muchas gracias.”

    :-O Así me quedei…

    Sácanse varias conclusións:

    1. As argucias sexuais do presidente (eses comentarios á tal María Mera, deberían ser estudados por algún zoólogo xa), evidencian as súas necesidades e o por qué delas… Así non obterás nada Feijóo (e moito mellor, non queremos que a especie Feijóo medre…)
    2. Feijóo “facíalle as beiras” a unha actriz galega chamada María Mera, nada en 1986… Coitada onde se foi meter…
    3. Esa insólita retranca… Ese “como somos del PP podemos hablar castellano cuando nos da la gana”, nin o gran Gila o superaría… Deixa claro que o viño do Boqueixón e moi bo!
    4. Como lles gusta deturpar o idioma aos galegófobos. Esas insufribles verbas ignorantes Orense e BaYona, feren a sensibilidade de calquera lido/a…
    5. A verdadeira conclusión é moi triste… Estas demostracións da infinita estupidez humana, deixan aínda máis claro o goberno de pailáns que temos. Estes pailáns son os que queren levarnos  á incultura e a marxinación e desaparición do que é noso: a fala e a Cultura que nos fixo ser nós… E aínda crerán que imos calar!
    Advertisement

    A Xunta, os coches e os embustes do PP

    Hai un perigoso virus solto na Xunta, que afecta a todo aquel a quen se lle dea o poder de des-gobernarnos. Un dos nefastos síntomas (sobre todo pra as arcas públicas), é un repentino e insostible afán consumista… polos coches!

    O primeiro en denunciar este feito, foi o auto-proclamado transparente e austero, Feijó’O9. Cando, alá polo mes de marzo do pasado ano, fíxonos saber (mesmo acadou moitos votos… Os que perderon outros), da tendencia ao luxo do goberno do bipartito; xa que, ademais das reformas nos despachos, soubemos do gusto de Touriño polos audis… Pero, este novo heroe dunha aínda abundante representación rancia do noso país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; coma soe pasar nestes casos, esqueceu dicirnos toda a verdade…

    Eses audis malditos, dos que intenta desfacerse dende que é o Presidente (pero non hai maneira, aconséllolle Ebay senhor Feijó’o), resulta que foron mercados, case na súa totalidade, polo goberno de Fraga! (as datas de matriculación revelan que foron adquiridos entre o 2000 e o 2005…). Vaia, que cousas. Nada, seguro que as lagoas mentais só foron outro síntoma dese virus-Xunta, neste caso por afán de proximidade…

    Mais, isto non é todo. Ese virus sen piedade, atacou mesmo a moral intacta e eunuca do Presidente Feijó’o, facéndolle ter dúas! Un claro síntoma, xa dunha infección grave, é a dobre moral. Por mor diso, dende hai menos dun ano que chegou a Xunta, Feijó’O9 xa gastou 6,328 millóns de euros na adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!

    Endemonhado virus!! Que fixeches coa austeridade e a transparencia do noso Feijó’o?!?!

    Só podo dicir unha cousa: embusteiros! Ademais declarouse satisfeito cos seus gastos e, polo tanto, coas súas falacias…….. E aínda ten as narices de xactarse diso……..

    E o peor é que haberá quen os queira e os crea así e todo…

    …………

    Hay un peligroso virus suelto en la Xunta, que afecta a todo aquel a quien se le de el poder de des-gobernarnos. Uno de los nefastos síntomas (sobre todo para las arcas públicas), es un repentino e inaguantable afán consumista… ¡por los coches!

    El primero en denunciar este hecho, fue el auto-proclamado transparente y austero, Feijó’O9. Cuando, allá por el mes de marzo del pasado año, nos contó (incluso consiguió muchos votos… Los que perdieron otros), de la tendencia al lujo del gobierno del bipartito; ya que, además de las reformas en los despachos, conocimos el gusto de Touriño por los audis… Pero, este nuevo héroe de una aún abundante representación rancia de nuestro país, e inicialmente laureado por Galicia Bilingüe; como suele pasar en estos casos, olvidó decirnos toda la verdad…

    Esos audis malditos, de los que intenta deshacerse desde que es el Presidente (pero no hay forma, le aconsejo Ebay señor Feijó’o), resulta que fueron comprados, casi en su totalidad, por el gobierno de Fraga! (las fechas de matriculación revelan que fueron adquiridos entre el 2000 y el 2005…). Vaya, que cosas. Nada, seguro que las lagunas mentales sólo fueron otro síntoma de ese virus-Xunta, en este caso por afán de proximidad…

    Pero, esto no es todo. Ese virus sin piedad, atacó incluso la moral intacta y eunuca del Presidente Feijó’o, haciendo que tenga dos! Un claro síntoma, ya de una infección grave, es la doble moral. Por eso, desde hace menos de un año que llegó a la Xunta, Feijó’O9 ya gastó 6,328 millóns de euros en la adquisición de 347 vehículos !!!!!!!!!!!!!!!!!

    Endemoniado virus!! ¿Qué hiciste con la austeridad y la transparencia de nuestro Feijó’o?!?!

    Sólo puedo decir una cosa: embusteros! Además se declaró satisfecho con sus gastos y, por lo tanto, con sus falacias…… Y aún tiene las narices de jactarse de ello……..

    Y lo peor de todo es que habrá quien los queira y los crea aún así…

    Zas! En toda a boca dos galegófobos

    O Tribunal Supremo ven de darlles no fucinho ós demagogos da falacia, ós representantes do absurdo e do pensamento único e irracional. Ós que tenhen no seu estandarte pra pasar a posterioridade, iso de: EspaÑol, Uno, Grande y Libre

    Debería ser o normal, pero neste país onde non impera a lóxica, nin a razón, senón o imperialismo dunha trola de colosal envergadura: que o castelán está discriminado na Galiza!! … Tenho que tomar aire… Porque tal barbaridade, nada nunha mente privilexiadamente feixista e sinxela (representada nos tres personaxes que encabezan estas verbas: Rosa Díez – UPD, Gloria Lago – Galicia Bilingüe e Feijóo – Junta de Galicia), déixame a piques da catarse…

    A sentencia saíu onte á luz, despois dun recurso presentado por unha familia de Vigo no 2007, no que pedían que o seu fillo recibira toda a docencia en espaÑol (que manía co galego, será que non lles dan os miolos pra aprender outro idioma…). Xa que, seguindo as dexeneradas ideas de Galicia Bilingüe, crían que a educación en castelán estaba sendo discriminada…  E, segundo A Mesa pola Normalización Lingüística, na sentenza, figura que a discriminación se produciría precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recurriente... O recurso quedou desestimado e obriga ao demandante a pagar as costas do proceso.

    ¿Terá isto algún efecto no novo decreto do galego no ensino que está a preparar a Consellería de Educación? E, ¿tan molesto é o do bipartito que garantía un ensino a partes iguais en galego e espaÑol? Se tanto lles molesta sentirse galegos… FÓRA DE AQUÍ !!!!!!!!!!!!!

    …………

    El Tribunal Supremo les acaba de dar en todo el morro, a los demagogos de la falacia, a los representantes del absurdo y del pensamiento único e irracional. A los que tienen en su estandarte para pasar a la posterioridad, eso de: EspaÑol, Uno, Grande y Libre

    Debería ser lo normal, pero en este país donde no impera la lógica, ni la razón, sino el imperialismo de una mentira de colosal envergadura: que el castellano está discriminado en Galicia!! … Tengo que tomar aire… Porque tal barbaridad, nacida en una mente privilegiadamente fascista y sencilla (representada en los tres personajes que encabezan estas palabras: Rosa Díez – UPD, Gloria Lago – Galicia Bilingüe y Feijóo – Junta de Galicia), me deja a punto de la catarsis…

    La sentencia salió ayer a la luz, después de un recurso presentado por una familia de Vigo en el 2007, en el que pedían que su hijo recibiera toda la docencia en espaÑol (que manía con el gallego, será que no les da el cerebro para aprender otro idioma…). Ya que, siguiendo las degeneradas ideas de Galicia Bilingüe, creían que la educación en castellano estaba siendo discriminada… Y, según A Mesa pola Normalización Lingüística, en la sentencia figura que la discriminación se produciría precisamente en el caso de que la Administración autorizase lo pretendido por el recurriente… El recurso quedó desestimado y obliga al demandante a pagar el coste del proceso.

    ¿Tendrá esto algún efecto en el nuevo decreto del gallego en la enseñanza que está preparando la Consellería de Educación? Y, ¿tan molesto es el del bipartito que garantizaba una educación a partes iguales en gallego y espaÑol? Si tanto les molesta sentirse gallegos… FUERA DE AQUÍ!!!!!!!!!!!!!