Arquivo por etiquetas: Lisa Germano

Sábados musicais: Festival Sinsal. Oito

O Festival Sinsal de Vigo, é un dos maiores acertos culturais da Galiza.

Pra que non o conheza, o Sinsal é unha proposta arriscada e innovadora á par que de calidade, pra achegarse á música contemporánea, tanto a grandes nomes coma a outros menos populares, pero sempre atendendo á calidade artística. Lévase a cabo en diferentes puntos da cidade, dende o MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), ata o Centro Cultural Caixanova. É dicir, dende concertos íntimos con pequeno aforo, a outros que enchen teatros.

Onte no Teatro Caixanova, marabillounos o prato forte desta edición do festival (xa van 8, a que corresponde co inverno, xa que decidiron facelo nas diferentes estacións do ano: Música Para Catro Estacións); e non foi outro que Bill Callahan. Un concerto e unha voz imposible de esquecer.

Pero isto non rematou, de aquí ao verán xa hai outros nomes confirmados, dentro da Extensión do festival. Así, o 8 de abril chegan Lisa Germano e Philip Selway (batería de Radiohead que presenta o seu novo proxecto musical). O 18 do mesmo mes, no MARCO, chega a experimentación musical dos Sunburned Hand of the Man, xunto aos Emeralds. E o 25 e 26 de maio visitará Sinsal Shellac.

Se o Sinsal xa é pra un público minoritario, aínda o escollen un pouco máis no Sinsal Insólito, dirixido a músicos. Neste apartado actuarán Oneohtrix Point Never e Phill Niblock, o 23 de abril e 17 de maio respectivamente.

Ademais de Vigo, o festival esténdese a Ferrol, Corunha e Santiago de Compostela. Polo que aconsello que non perdades a oportunidade de asistir a algún concerto, a experiencia merecerá a pena.

Deixo unha peza do senhor Callahan.

…………

El Festival Sinsal de Vigo, es uno de los mayores aciertos culturales de Galicia.

Para quien no lo conozca, el Sinsal es una propuesta arriesgada e innovadora a la par que de calidad, para acercarse a la música contemporánea, tanto a grandes nombres como a otros menos populares, pero siempre atendiendo a la calidad artística. Se lleva a cabo en diferentes puntos de la ciudad, desde el MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), hasta el Centro Cultural Caixanova. Es decir, desde conciertos íntimos con pequeño aforo, a otros que llenan teatros.

Ayer en el Teatro Caixanova, nos maravilló el plato fuerte de esta edición del festival (ya van 8, la que corresponde con el inverno, ya que decidieron hacerlo en las diferentes estaciones del año: Música Para Cuatro Estaciones); y no fue otro que Bill Callahan. Un concierto y una voz imposible de olvidar.

Pero esto no acabó, de aquí al verano ya hay otros nombres confirmados, dentro de la Extensión del festival. Así, el 8 de abril llegan Lisa Germano y Philip Selway (batería de Radiohead que presenta su nuevo proyecto musical). El 18 del mismo mes, en el MARCO, llega la experimentación musical de los Sunburned Hand of the Man, junto a los Emeralds. Y el 25 y 26 de mayo visitará el Sinsal Shellac.

Si el Sinsal ya es para un público minoritario, aún lo escogen un poco más en el Sinsal Insólito, dirigido a músicos. En este apartado actuarán Oneohtrix Point Never y Phill Niblock, el 23 de abril y 17 de mayo respectivamente.

Además de Vigo, el festival se extiende a Ferrol, Coruña e Santiago de Compostela. Por lo que aconsejo que no perdáis la oportunidad de asistir a algún concierto, la experiencia merecerá la pena.

Dejo una pieza del señor Callahan.

Advertisement