Arquivo por etiquetas: Radio Galega

A INcultura da Xunta I

Antía Moure, Otro diciembre 2007, fotografía dixital sobre aluminio

A ese lugar desolador, baleiro e miserable, chamado INcultura, é onde nos leva a nova X(J)unta deste país. X(J)unta á que lle dan arrepíos só con ver dúas palabras: Cultura Galega, e que trata por tódolos medios de acabar con ela (e xa non digamos, se a esas dúas as acompanha Nacional). Os mesmos arrepíos que sinto eu cada vez que atopo sinais desta realidade:

  • A X(J)unta suprimiu os Premios Nacionais da Cultura Galega (por certo, foron lixeiros en borrar a páxina oficial), porque seica custan unha fortuna… Coitados Premios por tal nome: Nacionais, Cultura e Galega!! Nados xa coa letra escarlata que presaxiaba a súa desaparición… E que dicir do seu fin: distinguir ás persoas ou colectivos que tenhan destacado no enriquecemento da cultura galega, pero que clase de dexenerados son os que fan tal cousa!! Mira que tentar enriquecer a cultura galega… Foron por exemplo, esta xente (premiados na primeira e única ocasión que tiveron lugar): Margarita Ledo, Francisco Leiro, Manuel Gallego Jorreto, o Museo do Pobo Galego, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Díaz-Fierros, a Remodelación urbana de Pontevedra, Mercedes Peón, o Laboratorio de Formas e Manuel Lourenzo… 10 nomes que se poden definir nunha soa palabra: CULTURA.
  • O sector escénico deste país tivo que chegar case á súplica para que a X(J)unta saldara a súa débeda en axudas (cuantificada nun millón de euros). Cartos que, falando na práctica, suponhen moitos postos de traballo. O desbloqueo ás axudas non foi suficiente, xa que o actual DESgoberno tirou polo chan moitas delas (como por exemplo, a do Festival CatroPezas do Teatro Ensalle de Vigo, que por sorte, non deixaron de facer).
  • A tesoira afiada da X(J)unta chegou á Radio Galega. Así, tras levarse por diante a Xurxo Souto, voz e estilo inconfundible de Aberto por reformas; chegou o momento do Diario Cultural. A nova dirección da Radio Galega (imposta por FeijóO’O9), decidiu prescindir da sección de opinión deste espazo por, claro que si, motivos económicos… Queren calarnos, pero non o van a acadar.
  • E que dicir da nosa fala, da nosa canle, pola que facemos, damos e obtemos CULTURA… A obsesión da nova X(J)unta co galego xa non ten nome, nin pés, e por suposto, nin cabeza…

X(J)unta só preocupada pola construción (o de facer unha Galiza de asfalto merecerá moitos post), e o turismo. Os dous piares da economía deste país!! ¿¿Onde queda a Cultura, o I+D, a industria propia…??

Outra cousa que me chama a atención, é que se Feijó’o nos goberna a tódolos e tódalas galegos/as, ¿por que non se nós ten en conta ós que defendemos un dereito fundamental coma a CULTURA? Non interesa…

A política da INcultura, que nos empuxa a ser autodidactas, ou a acabar con tal despropósito chamado Goberno de FeijóO’O9…

Remato aquí antes de que me estoupe o fígado, pero para a nosa desgracia, aínda hai moitas cousas que denunciar…

…………

Antía Moure, Siempre, 2005, fotografía digital

A ese lugar desolador, vacío y miserable, llamado INcultura, es donde nos lleva la nueva X(J)unta de este país. X(J)unta a la que le dan escalofríos sólo con ver dos palabras: Cultura Gallega, y que trata por todos los medios acabar con ella (y ya no digamos, si a esas dos las acompaña Nacional). Los mismos escalofríos que siento yo cada vez que encuentro señales de esta realidad:

  • La Junta suprimió los Premios Nacionais da Cultura Galega (por cierto, fueron rápidos en borrar la página oficial), porque parece que cuestan una fortuna… Pobres Premios por tal nombre: Nacionais, Cultura y Gallega!! Nacidos ya con la letra escarlata personas o colectivos que destacaran en el enriquecimiento de la cultura gallega, pero que clase de degenerados son los que hacen tal cosa!! Mira que intentar enriquecer la cultura gallega… Fueron por ejemplo, esta gente (premiados en la que presagiaba su desaparición… Y que decir de su fin: distinguir a las primera y única ocasión que tuvieron lugar): Margarita Ledo, Francisco Leiro, Manuel Gallego Jorreto, el Museo do Pobo Galego, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Díaz-Fierros, la Remodelación urbana de Pontevedra, Mercedes Peón, el Laboratorio de Formas y Manuel Lourenzo… 10 nombres que se pueden definir en una sola palabra: CULTURA.
  • El sector escénico de este país tuvo que llegar casi a la súplica para que la X(J)unta saldara su deuda en ayudas (cuantificada en un millón de euros). Dinero que, hablando en la práctica, suponen muchos puestos de trabajo. El desbloqueo a las ayudas no fue suficiente, ya que el actual DESgobierno tiró por el suelo muchas de ellas (como por ejemplo, la del Festival CatroPezas del Teatro Ensalle de Vigo, que por suerte, lo hicieron igual).
  • La tijera afilada de la X(J)unta llegó a la Radio Galega. Así, tras llevarse por delante a Xurxo Souto, voz y estilo inconfundible de Aberto por reformas; llegó el momento del Diario Cultural. La nueva dirección de la Radio Galega (impuesta por FeijóO’O9), decidió prescindir de la sección de opinión de este espacio por, claro que sí, motivos económicos… Quieren callarnos, pero no lo van a lograr.
  • Y que decir de nuestro idioma, de nuestro canal, por el que hacemos, damos y obtenemos CULTURA… La obsesión enfermiza de la nueva X(J)unta con el gallego ya no tiene nombre, ni pies, y por supuesto, ni cabeza…

X(J)unta sólo preocupada por la construcción (lo de hacer una Galicia de asfalto merecerá muchos post), y el turismo. ¡¡Los dos pilares de la economía de este país!! ¿¿Dónde queda la Cultura, el I+D, la industria propia…??

Otra cosa que me llama la atención, es que si Feijó’o nos gobierna a todos y todas los/as gallegos/as, ¿por qué no tiene en cuenta a los que defendemos un derecho fundamental como la CULTURA? No interesa…

La política de la INcultura, que nos empuja a ser autodidactas, o a acabar con tal despropósito llamado Gobierno de FeijóO’O9…

Termino aquí antes de que me explote el hígado, pero para nuestra desgracia, aún hay muchas cosas que denunciar…