Arquivo por etiquetas: Ramón Caamaño

Visitas obrigadas 3.0

Pano de fondo. Achegamento á fotografía de estudio de 1880 a 1960, é o título da exposición que nos achega aos retratos da xente dese período, a través da cámara de fotógrafos coma Ksado, Pacheco, Pintos, Ramón Caamaño ou Pedro Rey. Nela cruzaremos a mirada cos galegos do século pasado e poderemos ver a evolución deste xénero, o retrato de estudio, mediante os  diferentes panos de fondo por exemplo (empregados pra idealizar a escena, e nos que se pode apreciar o nivel económico do fotógrafo e dos retratados). Unha ollada directa á Galiza vestida coas súas mellores roupas.

A exposición está comisariada polos fotógrafos e estudosos deste xénero Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal (directores do Centro de Estudos Fotográficos). Estará no Centro Cultural Caixanova de Vigo ata o 24 de Maio (despois irá ao de Ourense, Santiago, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra).