Arquivos diarios: 23/02/2010

Orgullos@s!

Orgullos@s de ser galeg@s, de falar galego, de escribilo, de vivir na Galiza, da saudade na diáspora, do tempo, da pedra, da Arte, da terra, do mar, das verbas pasadas e das que están por vir, da gheada, do seseo, das maos e das mans, do lusismo e da RAG, da xente, dos manxares e das foliadas, dos paraísos e das costumes…

Este sentir aféctanos a tod@s, da igual coma o expresemos ou onde esteamos. Se preto de Portugal ou de Fisterra, do Eo ou do Bierzo, ou lonxe da terra… A Cultura, a fala, o noso Patrimonio; non é unha obriga, nin un problema, é un agasallo, unha sorte e un orgullo!

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego é a nova campanha da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística). A CGENDL naceu no 2009 e está formada por profesionais do ensino, co fin de protexer e garantir o uso do galego.

A campanha é moi boa, atinada no tempo; por suposto, na mensaxe, e no medio. Empregar a persoeiros tan actuais coma Martín Rivas ou María Castro, pero sobre todo, Luis Tosar; pra transmitir a idea (tan obvia pra nós, pero que lles custa sobremaneira entendela a outros), de que o idioma non é unha traba, é unha sorte; é un xeito acertado de que entre ben pola retina e se estableza nos miolos…

…………

Orgullos@s de ser galleg@s, de hablar galego, de escribirlo, de vivir en Galicia, de la morriña en la diáspora, del tempo, de la piedra, del Arte, de la tierra, del mar, de las palabras pasadas y de las que están por venir, de la gheada, del seseo, de las maos y de las mans, del lusismo y de la RAG, de la gente, de los manjares y de las fiestas, de los paraísos y de las costumbres…

Este sentir nos afecta a tod@s, da igual como lo expresemos o donde estemos. Si cerca de Portugal o de Fisterra, del Eo o del Bierzo, o lejos de la tierra. La Cultura, el idioma, nuestro Patrimonio; non es una obligación, ni un problema, es un regalo, una suerte y un orgullo!

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego es la nueva campaña de la Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización y Dinamización Lingüística). La CGENDL nació en el 2009 y está formada por profesionales de la enseñanza, con el fin de proteger y garantizar el uso del galego.

La campaña es muy buena, acertada en el tiempo; por supuesto, en el mensaje, y en el medio. Utilizar a personajes famosos tan actuales como Martín Rivas o María Castro, pero sobre todo, Luis Tosar; para transmitir la idea (tan obvia para nosotros, pero que les cuesta muchísimo entenderla a otros), de que el idioma no es una traba, es una suerte; es una forma acertada de que entre bien por la retina y se estableza en el cerebro…